30/12/2004
Incendio
Débolle o conto a Pablo Otero Peixe. É unha historia africana. Na sabana declarase un voraz incendio. Por mor da seca as lapas engulen rapidamente a herba. Os animais foxen estarrecidos para salvar o pelexo. O incendio avanza velozmente. Na carreira tola na procura do río, os máis poderosos animais da sabana –o león, o rinoceronte, o elefante...– crúzanse co colibrí que cunha pinga de auga no bico encamíñase cara ao incendio. Eí louco! –dille o león–, cara onde vas? Vou apagar o incendio –retruca o colibrí. Cunha pinga? espétalle o rinoceronte; mentres todos escachan a rir. Si, cunha pinga –arréponse o colibrí. Eu polo menos o intento! Ás veces síntome como o colibrí. Intentando ridiculamente aventuras imposíbeis.
22/12/2004
Infinita muralla chinesa
Traballo desde hai días como albanel na construción dunha nova muralla chinesa. Unha muralla de trazado variábel e caprichoso que vai e volve de acordo cos desexos de moi diversos mandaríns. Medra cun ritmo pousón, eslaiado e desesperante, desganadamente vaise acomodando a unha serpeante liña imaxinaria. Non teño claro que serva de defensa fronte a novos ou vellos bárbaros. Estirase como a nosa cadea, pesadamente, e consome horas do día e da noite. É voraz e pápanos as felicidades da xornada. Pantanosa, engúlenos na súa teimosía. Cada novo ladrillo no muro cústanos unha alma e é un aguilloante convite á deserción. Con todo, a cuadrilla segue enfiando cachotería e tixolos, e eu con ela. Atesouramos a esperanza de que axiña chegará un xigantesco exército operario para darnos o relevo e liberarnos a vida. Mentres, alguén sabe onde atopar o convenio da construción?
20/12/2004
Ne supra crepidam sutor iudicet
Segundo os testemuños dos historiadores latinos Valerio Máximo e Plinio o Vello, a frase «zapateiro aos teus zapatos» foi pronunciada por Apeles, o máis sonado dos pintores gregos da Antigüidade. Apeles adoitaba expor os seus cadros no ágora para así poder escoitar directamente a opinión da xente sobre os seus traballos. Un día un zapateiro observou que nunha das pinturas había unha sandalia á que lle faltaba un ollal. Apeles escoitou a crítica e deseguido remediou o erro retocando a pintura. Inchado de autoridade, días máis tarde, o zapateiro volveu contemplar o cadro e fixo unha crítica sobre a postura dunha perna. Apeles, ao escoitar o comentario, espetoulle: «Ne supra crepidam sutor iudicet» –un zapateiro debe limitarse a opinar sobre as súas sandalias–. Unha lección como esta foi o que deu de si este zapateado día. Escribamos mil veces: «Zapatero fai os teus zapatos, e déixate doutros tratos.»
18/12/2004
Ficcions literarias
Malia miña experiencia laboral previa, o truculento mundo da promoción editorial segue parecéndome tan apaixonante como abraiante. Hoxe descubro na sección literaria dun exemplar atrasado de El Mundo que o libro de ficción máis vendido é El Quijote e que a obra de non ficción que se máis compra é 11M: La venganza de Casimiro García-Abadillo. Que El Quijote estea aí é unha esixencia do guión coa ollada posta nos 400 anos da súa primeira edición, pero cualificar a obra García-Abadillo como de non-ficción é unha esaxeración da mercadotecnia que non ten medida (O autor defende que o atentado do 11-M é consecuencia dunha vinganza tramada por Marrocos por cousa da firmeza mostrada polo goberno de J.M. Aznar en asuntos xeopolíticos tan relevantes como Perejil ou a loita contra a inmigración ilegal que incomodaron ao rei aluíta, quen deixaría barra libre aos islamitas que argallarían a matanza de Atocha). A posición de García-Abadillo no top de ventas seméllame aínda máis de ficción aínda cando reparo en que é vicedirector de El Mundo. Con todo, o mazazo definitivo prodúcese cando confirmo na COPE que os libros máis vendidos son El Quijote e, alehop!, 11M: La venganza do amigo Casimiro. Tras isto dou en crer que El Quijote non debe levar vendido nin o primeiro exemplar.
Muuuuuuu
Revista de prensa. El Correo Gallego: Una vaca mostrenca arrasa por la noche las cosechas de la aldea noiesa de Taramancos. Una vaca mostrenca está causando graves destrozos en plantaciones y graneros de Taramancos, en el municipio de Noia. El animal suele actuar de madrugada y pese a que los afectados intentaron atraparla en más de una ocasión aún no lo consiguieron, «porque no deja que se acerquen a ella, ya que es muy veloz», explica la joven Rebeca Becerra... Muuuuuu!
17/12/2004
A estupidez antagonista
Nas súas clases de prehistoria e antropoloxía don Carlos Alonso del Real deixaba caer máximas de indiscutíbel validez universal. Unha das máis socorridas era que «non hai nada máis parecido a un tonto de esquerdas que un tonto de dereitas». Dadas as súas orixes intelectuais el sabía ben do que falaba. Leonardo Sciascia concluíu o mesmo respecto dos cretinos. Contundente xuízo. O anónimo-acrónimo X.M.G. ten en Cristina Amenedo unha alma xemelga, imprescindíbel, complementaria. A prolífica escritora escribe en El Correo Gallego un breve comentario(?), que ben podería ser incluído na Enciclopedia do Pensamento Reaccionario Universal, sobre Galeusca. Carga contra o PNV e Carod (en Galeusca?) e nun brote de mongolismo intelectual anota: «Galicia, un sordo resentimiento contra todo lo que huela a castellano que se margina y silencia idioma de Cervantes incluído. Así pues, los españoles sabrán juzgar lo que les ofrece esa Galeusca. Marañón califica ese nacionalismo "como una especie de seto punzante que aisla a los pueblos de la convivencia con todos los demás, un egoismo antisolidario y anticristiano"». Deixo foto do becho por se dan con ela pola rúa. Se a recoñecen, non deixen de aplaudirlle solidaria e cristiamente. Favores polos que se anticipan grazas.
Estupidez esencial
Asunto: Proxecto de longo prazo
Autor: X.M.G.
Comentario: Si o que pretendedes desde ese xornal.com é cambiar o BNG estades apañados, amigos. Algúns levamos xa moitos anos na loita para que uns señoritos nos descubran o mundo. Pensades que a UPG existe por casualidade? O noso proxecto é de longo prazo. Non estades entendendo nada. De nada.
A mensaxe debeuna meter na botella alguén nos anos máis crus da Guerra Fría. Quizais por cousa do frío se lle conxelou o cerebro. Existen, son unha chumbiza realidade que transita sempre polos mesmos carreiros: a tradición lexitimadora («Algúns levamos xa moitos anos na loita»), o carácter inmutábel do (seu) mundo («Se o que pretendedes [...] é cambiar o BNG estades apañados»), o rol providencial do Partido («Pensades que a UPG existe por casualidade?»), e un mesianismo miope que o fía todo ao «longo prazo». É difícil sintetizar en tan poucas palabras a esencia da cepa máis reaccionaria do nacionalismo galego, non falta nin o arrebato ofendido da clase auténtica contra «os señoritos». Hai outro BNG pero non está nesas lúcidas cabezas.

15/12/2004
Xornalistas
Agora vivo arrodeado de xornalistas. Oficio esforzado. Cando estean desmoralizados, desmoronados polo curre, alguén debería lerlle esta declaración de amor a súa profesión que se debe a PIT II: « Es la última pinche barrera que nos impide caer en la barbarie. Sin periodismo, sin circulación de información, todos levantaríamos la mano cuando el big brother lo dijera. Es la voz de los mudos y el oído extra que Dios le dio a los sordos. Es el único pinche oficio que aún vale la pena en la segunda mitad del siglo XX. Es el equivalente moderno de la piratería ética, el aliento de las rebeliones de los esclavos. Es el único puñetero trabajo divertido que aún puede practicarse. Es lo que impide el regreso al simplismo cavernario. Contradictoriamente, es un asunto donde nuevamente hay cosas eternas: la verdad, el mal, la ética, el enemigo. Es la mejor literatura, porque es la más inmediata. Es la clave de la democracia real, porque la gente tiene que saber qué está pasando para decidir cómo se va a jugar la vida. Es el reencuentro entre las mejores tradiciones morales del cristianismo primitivo y las de la izquierda revolucionaria de fines del siglo XIX. Es el alma de un país. Sin periodistas todos seríamos muertos y la mayoría ciegos. Sin circulación de información verídica todos seríamos bobos. Es también el refugio de las ratas, la zona más contaminada, junto con las fuerzas policiacas, de toda nuestra sociedad. Un espacio que se dignifica porque lo compartes con los tipos más abyectos, más serviles, más mandilones, más corruptos. Y por comparación te ofrece las posibilidades de la heroicidad. Es como si metieran el cielo y el infierno en una licuadora y tuvieras que trabajar en movimiento. Es una albañilería del sentido común...»
Dilemas
Nas paredes de París no maio do 68 alguén fixo esta pintada: «Eu puteo á sociedade, ela devólvemo ben.» Outros fixeron esta: «Se o que ven non é estrano, a visión é falsa» e estoutra: «Nos exames, responda con preguntas.» Unha moi lembrada por min nestes días é a que formula este finísimo dilema: «Que é mellor: un final horroroso ou un horror sen fin?» De entrada manifesto que de poder elixir case que prefiro un final horroroso, moi especialmente á vista do horror sen fin destes días... Mañá é outro día, pero dificilmente pode ser peor.
14/12/2004
Canibalizando
Un dito chinés afirma que «se queres que algo se faga, encárgallo a una persona ocupada.» Comigo os chineses van dados. Na vertixe laboral hai pouco tempo para atender todo e ningún tempo para nada. Hoxe zafo o artigo semanal de Vieiros canibalizando este blog. Aproveitei un post e engordeino até armar un argumento de urxencias sobre a última batalla senatorial de Quintana. Non fago nin o esforzo de convencerme de que este blog é un banco de probas para as outras publicacións, etc., etc. Non hai vagar, non hai tempo, non hai ideas, non hai lecturas, non hai nada que dicir. Ren de ren.
11/12/2004
A guerra das palabras
Vou de excusión polas librarías compostelás para darme un respiro e atopo con algo de atraso La guerra y las palabras de Jorge Volpi. Aquí, Seix Barral subtitúlao como «Unha historia do alzamento zapatista de 1994»; en México a editorial Era preferiu subtitúlalo «Una historia intelectual de 1994». O século XXI en México, e para a esquerda espilida do mundo enteiro, comezou o primeiro de xaneiro de 1994 coa insurxencia zapatista, o traballo de Volpi é unha análise do impacto intelectual daqueles feitos e por iso concédelle máis protagonismo á guerra de ideas, imaxes e mensaxes que as accións militares do EZLN.
Agora que o subcomandante iniciou unha nova aventura, esta vez literaria, coa publicación de Muertos incómodos, as valoracións de Volpi sobre as capacidades retóricas e comunicacionais de Marcos recobran (se é que algunha vez o perderon) interese. Sen caer na esaxeración de Regis Debray que cualificou ao dirixente zapatista como «o mellor escritor latinoamericano vivo», Volpi recoñécelle que é «un creador sólido» e que a Marcos lle corresponde «o mérito de renovar a arte epistolar en México» E engade: «De non terse dedicado a filosofía e a guerra, [...] sería un dramaturgo ou un novelista de certa valía». Na miña idea, a maior gabanza que lle dedica Volpi é cando escribe que «a súa maior creación literaria é el mesmo». Para un tío que anda encarapuchado pegando tiros non está nada mal. (Continuará)

Alien vs. Predator
Tras o 11-M/14-M, a lóxica do bipartidismo impúxose esmagadoramente, sen piedade pluralista ningunha. A guerra política, simbólica e mediática acadou en poucos meses a virulencia e agresividade da etapa terminal do felipismo e o advenimento glorioso de J.M. Aznar. Agás Cataluña e Euscadi todo o resto do Reino macera nun bipartidismo simplón e empobrecido. Para Galiza, para a maioría os cidadáns e cidadás galegos, a encendida confrontación política entre o PP e o PSOE ten as mesmas consecuencias que o combate a morte entre Alien e Predator: «Gañe quen gañe, nós perdemos.» O veto do BNG no Senado aos Orzamentos do Estado achega unha raiola de esperanza.
O éxito político da súa iniciativa é innegábel, pero (case que ninguén) vai recoñecerllo a Anxo Quintana. Dunha banda, reeditaranse os discursos vitimistas sobre a «pinza», multiplicaranse as mencións ás amizades perigosas e volverán sacar en procesión o Santo Martir Ventura Pérez Mariño. Doutra, aplaudiranse as desavinzas BNG-PSOE como proba irrefutábel da imposibilidade dunha alternativa de goberno fronte ao Partido Popular do crepuscular don Manuel. Entre tanta impotencia, as palabras e actuacións de Quintana apuntan que o campo do posíbel é moito máis amplo do que, como sempre, nos deixan imaxinar.

07/12/2004
O Gatopardo en Bolivia
Os resultados das eleccións municipais en Bolivia do pasado domingo 5 ofrecen un innegábel balance lampedusiano. Malia que os partidos tradicionais están crebados electoralmente, todo semella ter cambiado para non cambiar nada. O Movemento Nacionalista Revolucionario que foi o gañador absoluto nas eleccións municipais de hai cinco anos está politicamente desfiuzado. A Nueva Fuerza Republicana fundiuse e perdeu o seu bastión electoral de Cochabamba. O Movimiento de Izquierda Revolucionaria aguantou malamente o envite electoral e unicamente asegurou o seu goberno en Tarija; a Alianza Democrática Nacionalista (ADN) só sobrevive electoralmente en Pando e Beni. Nas municipales de 1999, o MNR foi o partido máis votado acadando un 20% dos sufraxios, seguido polo MIR co 15% e ADN co 12%. Nas elección do domingo ningunha das tres forzas superou o 6%.
Pero, á par deste afundimento das opicións tradicionais, as eleccións serviron para confirmar a sete dos dez alcaldes das cidades máis importantes. En La Paz gañou Juan Del Granado, líder do Movimiento Sin Miedo; en El Alto triunfou J.L. Paredes cabeza de lista de Plan Progreso e alcalde no quinquenio anterior polo MIR; en Potosí será alcalde novamente René Joaquino da agrupación cidadá Alianza Social que en 1999 xa gañou ao fronte do Partido Socialista-1; en Tarija venceu outra volta Oscar Montes do MIR; en Trinidad (Beni) Moisés Shiriqui da conservadora ADN reterá a alcaldía outros cinco anos; en Oruro Edgar Bazán, antes alcalde da UCS (Unidad Cívica Solidaridad), repite agora polo Movimiento Ciudadano Regional San Felipe de Austria, e Aydée Nava do MBL (Movimiento Bolivia Libre) seguirá sendo a alcaldesa de Sucre.
Perante ao descrédito dos partidos tradicionais tras os sucesos de outubro vermello de 2003 que conduciron ao derrocamento do goberno de Sánchez Lozada, unha boa parte dos antigos líderes locais das forzas políticas tradicionais buscaron acubillo nas agrupacións cívicas e cunha imaxe renovada optaron ás alcaldías con innegábel éxito. Este transformismo empardece a capacidade rexeneradora das agrupación cidadáns como alternativa fronte aos «partidos da democracia pactada» e reforza o carácter lampedusiano destas eleccións. Gañaron as vellas elites políticas que se puideron reposicionar sen maiores custes que un cambio de siglas e fixeron seu o lema de Giuseppe Tomasi de Lampedusa: «Se queremos que todo siga como está, é preciso que todo cambie.»
O único partido que actualmente ten presenza parlamentaria e experimentou un sensíbel crecemento electoral é o Movimiento al Socialismo (MAS) que semella que vai superar o teito do 20% dos votos que acadou nas presidenciais de 2002. Aínda que o MAS tivo un importante avance nos grandes municipios a súa base social e política segue sendo rural o que limita as súas expectativas de cara ás vindeiras eleccións presidenciais. A batalla das cidades ofrece un balance agridoce para o MAS que progresou significativamente pero non deu acadado ningunha das alcaldías dos grandes municipios.
Fronte a Evo Morales do MAS, o candidato que se presenta con maiores posibilidades nas próximas eleccións presidenciais é o ex presidente Jorge «Tuto» Quiroga, quen foi o máximo dirixente de Acción Democrática Nacionalista (ADN) até o pasado mes de setembro. «Tuto» foi un dos primeiros en ensaiar o transformismo político para desfacerse do lastre do seu vello partido. Disposto a máis grandes glorias, e sen o chumbo do pasado nas alas, no día de hoxe confirmou o lanzamento dun novo proxecto político. Á espera do que faga o actual presidente Carlos Mesa, outro político sen partido, as eleccións presidencias resolvéranse entre Morales e Quiroga se non xorde un novo Lampedusa boliviano deses que nunca se meteron en política e facendo gala dun discurso populista e rexeneracionista –e mais a bendición do FMI– arrasa nas eleccións para cambiar nada e manter a apariencia de que todo cambiou.

06/12/2004
A catro mans
Non teño claro que a envexa sexa o combustible que move o mundo... pero postos a envexar, envexo a Paco Ignacio Taibo II e a súa inesgotábel capacidade creativa. Anda as voltas cunha monumental biografía de Pancho Villa pero aínda ten tempo para meterse nunha aventura literaria a catro mans co subcomandante Marcos que xa comezou a publicar por entregas La Jornada. Unha novela policiaca escrita de modo mancomunado na que Taibo achega o seu primeiro detective de sona (Héctor Belascoarán Shayne) e o sub se estrea cun investigador zapatista Elías Contreras. Anuncian dez ou doce entregas e a súa vindeira publicación pola editorial Planeta. Comezo a súa lectura mentres me contento con arrastrar a miña reuma creativa e apando coas críticas que o 50% dos lectores deste blog me fan por non actualizalo con regularidade.
Subscrever:
Mensagens (Atom)