20/12/2004

Ne supra crepidam sutor iudicet


Segundo os testemuños dos historiadores latinos Valerio Máximo e Plinio o Vello, a frase «zapateiro aos teus zapatos» foi pronunciada por Apeles, o máis sonado dos pintores gregos da Antigüidade. Apeles adoitaba expor os seus cadros no ágora para así poder escoitar directamente a opinión da xente sobre os seus traballos. Un día un zapateiro observou que nunha das pinturas había unha sandalia á que lle faltaba un ollal. Apeles escoitou a crítica e deseguido remediou o erro retocando a pintura. Inchado de autoridade, días máis tarde, o zapateiro volveu contemplar o cadro e fixo unha crítica sobre a postura dunha perna. Apeles, ao escoitar o comentario, espetoulle: «Ne supra crepidam sutor iudicet» –un zapateiro debe limitarse a opinar sobre as súas sandalias–. Unha lección como esta foi o que deu de si este zapateado día. Escribamos mil veces: «Zapatero fai os teus zapatos, e déixate doutros tratos.»

1 comentário:

Cesare disse...

:)