
Acudo ao
debate sobre a Constitución Europea que promoven
Tempos Novos e
Vieiros. No acto Miguel Barros, concelleiro vigués do PSdeG, defende afervoadamente o SI botando man dunha retórica enchoupada en palabras totem, teleoloxismo e unha visión culturalista e mesmo providencialista de Europa e do que, reiteramente, identifica como
Civilización Occidental. Manda nas súas palabras un europeísmo esencialista tan primario e unha interpelación cívica tan cándida que desarma calquera vontade de
Realpolitik.
Carlos Aymerich na súa quenda debullou con precisión de constitucionalista o Tratado, sinalou os déficits democráticos concretos, subliñou as carencias da súa arquitectura institucional e fuxiu (maiormente) do doutrinarismo para argumentar o NON. Hai unha divisoria histórica que diferencia o nacionalismo cívico do nacionalismo esencialista e no curso do debate evidenciouse tamén a existencia dun europeismo esencialista e dun europeismo cívico. Gañou por convicción, capacidade analítica e fondura democrática o argumentario de Aymerich. De Barros salvouse apenas o seu optimismo cego sobre o explendoroso futuro que lle agarda á Unión Europea.
3 comentários:
:)
desculpando... non era un debate moi igualitario, non?
Leva razón, desigual, moi desigual.
What words... super, magnificent idea
Enviar um comentário