
A memoria garda en
Luarca vellas formas da democracia dos mariñeiros. Cando empeoraban as
condicións climatolóxicas e había que decidir se se saía ao mar, o gremio de mareantes reuníase ao redor dunha mesa. Nun extremo debuxábase unha
casa e no contrario unha
barca. Quen cría que, a pesar do mal tempo, había que saír a faenar, púñase do lado da barca, os que pensaban que había perigo se axuntaban a carón do debuxo da casa. Se sumaban máis os da barca, dábase autorización pasar facerse á mar e facíano unicamente aqueles mareantes que querían. Se eran maioría os da banda da casa, impoñíase a prohibición de faenar até que mellorase o estado do mar. Unha mestura de libre decisión, respecto das normas e solidariedade na toma de decisións que moito ben nos faría recuperar para revitalizar a amémica democracia bipolar na que nos varan
uns máis e
outros algo menos.
2 comentários:
Encantame os blogues con viaxes e explicacions dos sitios.
Se seguides de viaxe disfrutalo.
Saudos.
A viaxe rematou, agora transcribo tan só as notas do meu caderno. É unha narración itinerante en diferido.
Enviar um comentário