05/11/2005
Gut estaría contento
Estes días o máis vello impresor ten motivos para sentirse ledo. Nun foro de editores, blogueiros, estudantes curiosos e tecnólogos, María Yánez, a quen non coñece don Xesús Alonso Montero, presentou, aínda quente do forno, a primeira editora virtual galega. Si, a primeiriña. A conexión Yáñez-Yáñez anima a creación da nosa primeira editora virtual (real). Gut atreveuse coa máquina e cun título de mercado garantido, postos a trasgredir a todista-trazadora-de-tendencias e o audaneiro-emprendedor estréanse cunha obra e autor máis arriscado (e non escribo máis para que non me acusen de laretas). Foi no cabo dunha mesa redonda sobre blogs na que poidemos comprobar como batían dúas culturas, unha ancorada no elitismo e na oligárquica compracencia, e a outra rebelde, disidente e afeita ao intercambio entre iguais. Francisco Castro-Náufrago, Martin Pawley, María Yáñez, Uxía Casal e Xabier Cid. Todos ben moderados por Manuel Bragado, cabeza pensante e man organizadora dun gorentoso simposio no que, ende mal, só puiden sentarme dúas veces para comprobar a fondura da señerdade que aínda teño polo papel, e a vertixiniosa velocidade que nos achega o presente dixital. Na sa e nos corredores gozamos da presenza de Lolo, Folerpa, Peke, Cesare, Brétemas, Jaureguizar, en plena mudanza volteriana, e uns cantos máis. Que a quentura do debate, o dicir libre, a imaxinación arroutada e vontade de cambiar as cousas coiden do proxecto redondo, rotondo e rotundo que nos presentaron. Hoxe Gut estaría contento ao seu carón, coma todos nós. Contentos e sanmente envexosos. Parabéns e felicidade que ben a merecen.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Ai ho, desta pasouse Ian... pero desde a vertixe e a inseguridade post-parto, mil grazas. Faime moitísima ilusión este post. :)
Lamento dicirlle, estimado Jaureguizar, que cruzamos ollada no corredor pero ninguén deu pé para unha presentación, e a timidez tornou en anonimato. Queda prometido que a próxima vez que o vexa saireille ao paso e dareime a coñecer a coñecelo oficial. Dáme moita fachenda saber das súas lecturas reverenciantes deste curruncho virtual.
Ilusión, señora editora virtual, a que me deu a min ver a rotondiña toda feituca e desafiante, ordenando novos tráficos editoriais e ideas culturais.
Seria bo estar ai...
Como Jaureguizar eu son lector reverencial deste blogue e sinto mágoa de non telo saudado. Unha aperta.
Un pracer coñecerte. Un verdadeiro pracer. :)
Enviar um comentário