
Do andel escorregou
Hai suficiente infinito, o ensaio-manifesto que escribiron
Antón Patiño e
Xavier Seoane. O azaroso accidente chama a súa lectura. Na novena páxina ficou impreso: «Vivimos nun tempo de antimemoria. Nun presente que xera un turbillón de amnesia, un páramo de lembranza.» Onte a
UNESCO dediciu que as nosas tradicións culturais inmateriais non serán, polo de agora, patrimonio da Humanidade toda. Mágoa. Con todo, a leda, teimosa e humilde reivindicación iniciada polas boas xentes de
Ponte nas Ondas permitiu tecer unha mesta rede civil para a recuperación da memoria, activando unha poderosa vacina contra a amnesia e a favor do cultivo das nosas lembranzas. Todo un éxito. Unha vitoria inmaterial tan grandiosa como o patrimonio que agarimosamente querían protexer, preservar e aleitar de futuro. Silenzo para
os que gastan no esquecemento do propio. Parabéns aos que
investiron na esperanza e na
imaxinación como contrapoder.
Sem comentários:
Enviar um comentário