
Xogo limpo

O expresidente norteamericano James Carter, que forma parte dunha delegación xunto cos expresidentes peruano Alejandro Toledo, o arxentino Raúl Alfonsín, e o panameño Nicolás Ardito, avalou a limpeza do proceso electoral: «Pareceme que estas elecciones están moito mellor preparadas, tívose gran coidado para evitar todo tipo de conflitos e violencia y creo que se deron as condiciónes para ter unhas eleccións honestas e xustas».
A consulta electoral avanza sen que se teñan producido incidentes maiores e desde a apertura dos colexios electorais rexístrase unha elevada participación cidadá (nas cinco primeiras horas de votación exerceran xa o seu dereito o 52% dos electores e estímase que a participación roldará o 75%) ao tempo que os observadores internacionais salientan a normalidade da xornada.
Camiño do pluralismo
Con independencia dos resultados dominicais, todos os analistas están certos de que o sistema política nicaraguano entra nunha nova fase de pluralismo partidista crebando co bipartidismo ultrapolarizado das décadas precedentes. As forzas fundamentais do vello sistema –PLC e FSLN– concorren ás eleccións competindo con outras alternativas que lle desputan espazo político, lexitimidade e mesmo a continuidade histórica das súas respectivas tradicións políticas.
A ALN e o MRS reivindícanse como alternativas democraticamente rexeneradoras do liberalismo e do sandinismo e aguilloan coas súas críticas os acordos subscritos por Daniel Ortega e Arnoldo Alemán no que se repartiron influencias nos poderes xudiciais e electorais, sentaron as bases dun xogo electoral claramente favorecedor do bipartidismo e outorgáronse inmunidades e indulxencias fronte aos escándalos de corrupción e nepotismo.
Nas vésperas electorais, a ALN parece ter asegurada o sorpasso electoral respecto do PLC. Eduardo Montealegre, noutra colaborador de Arnoldo Alemán, soubo presentarse como un candidato de renovación e, co beneplácito de Washington, malia a división do voto liberal, está en condicións de discutir a elección de Ortega. O máis novo dos cinco candidatos, con 51 anos, reitera a quen queira escoitalo que é o momento de «pechar as portas do pasado e abrirlle as portas ao futuro».

A deriva populista, confesional e mística de Ortega e a FSLN, acabou por facer do MRS a alternativa dunha esquerda laica, democrática e moderadamente transformadora. Hoxe Nicaragua vive unha paradoxal situación é o o MRS e no a FSLN quen semella representar o legado histórico da doutrina de César Augusto Sandino; José Rizo Calderón, candidato do PLC dicía cunha retórico doutro tempo: «o MRS leva unha listaxe de deputados, onde está a ortodoxia del sandinismo, que tanto dano lle fixo a Nicaragua non anos oitenta».
Restauración sandinista?
Algúns comentaristas, como o que foi director do xornal Barricada, Carlos F. Chamorro, falan dun eventual restauración sandinista de producirse o triunfo de Daniel Ortega na primeira volta electoral, pero a ninguén escapa que a oferta da FSLN pouco, por non dicir nada, ten que ver co programa histórico do sandinismo.

Abraiante e oportunista a partes iguais, Ortega faille as beiras á ultraconservadora Igrexa católica nicaraguana e leva como segundo de filas a un somocista da antiga Contra, Jaime Morales Carazo. No debe de Ortega está ademais o pacto con Arnoldo Alemán en 2000, base dunha extendida complicidade política, empresarial e mesmo xudicial.
Arroupado pola querencia caudillista dos nicas, Ortega é o voceiro da pobrería e, ao tempo, un político empresario que xestiona un poderoso consorcio de empresas e influencias. A súa oferta populista está bendicida por Chavez e, utilitariamente, a retórica antineoliberal e antiimperialista válelle para hexemonizar o voto dos sectores cidadáns economicamente máis empobrecidos.
En calquera caso, aínda que Ortega se faga coa banda presidencial ninguén agarda un cambio político transformador, fóra das incomodidades gobernamentais da Casa Branca que verá ampliada a fronte de rexeitamento que lidera Chavez en Latinoamérica. A oferta electoral da FSLN é unha sombra da esperanza transformadora que abeirou nos anos oitenta e noventa, aínda que hai quen non quere decatarse.
A polémica Houtart

A proclama de Houtart foi duramente replicada por Mónica Baltodano, representante noutrora da Esquerda Sandinista na FSLN e agora dirixente do MRS, por Iosu Perales, outro histórico da solidariedade internacionalista con Nicaragua, e hoxe mesmo por Sergio Ramírez en El País.
A cualificación de Ortega ofrecida por Perales serve ben para medir a distancia que para moitos afasta a Ortega do sandismo revolucionario dos anos oitenta: «Que Daniel Ortega gane ou non as elecciónes en Nicaragua non afectará ao esencial: o seu declive e final como figura da esquerda. O que queda del non é outra cousa que un caudillo oportunista, inmoral e corrupto, que se sirve do imaxinario do pobo sandinista e da súa desinformación, para rendabilizar as siglas FSLN e o seu pasado glorioso en beneficio propio e da súa familia.»
Vitoria na primeira rolda ou derrota na segunda

Tras a reforma pactada por Ortega e Alemán, un candidato pode gañar na primeira tirada co 35% dos votos se obtén unha diferenza de cinco puntos porcentuais diante do segundo candidato presidencial. Un cambio de norma que favorece abertamente ao candidato sandinista por mor da división electoral do liberalismo.
Nas concorrencias electorais anteriores, Ortega fixou o seu teito histórico no 42%, pero a FSLN embocou a recta final da campaña electoral cunhas sondaxes que lle daban somente o 33% dos sufraxios; con todo, a fragmentación e dispersión do voto liberal entre o PLC e a ALN podería facilitar a súa vitoria na primeira volta. De non ser así, o voto útil liberal ao que se agregará un voto de castigo antisandinista, xunto coa abstención de importantes segmento dos electores do sandinismo emerista, permitirán, segundo a maioría das quinielas electorais, o triunfo do candidato liberal –Eduardo Montealegre ou José Rizo– que quedase en segunda posición. Nunha segunda tirada electoral, a Ortega non lle axuda moito ser o candidato presidencial que conta cun maior rexeitamento entre os votantes de ALN, PLC e MRS.
Á espera nas horas incertas

Actualización # 4
Non foi en poucas horas pero xa sabemos como foi a cousa. Daniel Ortega será o novo presidente de Nicaragua. Co 91,48% do escrutinio realizado, Ortega obtivo o 38,07% por diante de Eduardo Montealegre que tan só atinxiu o 29%. Máis en detalle:
Votación presidencial
Escrutado: 91.48%
FSLN: 38.07% / 854,316 votos
ALN: 29% / 650,879 votos
PLC: 26.21% / 588,304 votos
MRS: 6.44% / 144,596 votos
AC: 0.27% / 6,120
Elección de deputados nacionais
Escrutado: 91.56%
FSLN: 37.59%
ALN: 26.72%
PLC: 26,47%
MRS: 8.69%
AC: 0.54%
Elección de deputados departamentais
Escrutado: 91.56%
FSLN: 37.9%
ALN: 26.66%
PLC: 26.46%
MRS: 8.42%
AC: 0.55%
Elección de deputados do Parlamento Centroamericano
Escrutado: 91.59%
FSLN: 37.7%
ALN: 26.87%
PLC: 26.51%
MRS: 8.35%
AC: 0.58%
Actualización # 3
Na elección presidencial, co 40% do escrutinio realizado, Daniel Ortega suma o 40,1% dos votos, seguido de Montealegre co 32,7%, José Rizo co 20,3 e Jarquín co 7,5%. Na elección de deputados nacionais o FSLN contabiliza o 38,6% dos sufraxios, fronte ao 30% da ALN, o 20,6 do PLC e o 10,1% do MRS. Canto aos deputados departamentais: a FSLN obtén o 39,1%, a ALN o 29,85%, o PLC o 20,61% e o MRS o 9,87%.
Segundo as proxeccións a FSLN tería 36 deputados na Asemblea Nacional (até agora tiña 38%), o Partido Liberal Constitucionalista (PLC) lograría 22 (tiña 41); a Alianza Liberal Nicaraguana (ALN) 27 (sumaba tan só 9 na antiga cámara) e o Movemento de Renovación Sandinista (MRS), tería 5 escanos.
Actualización # 2
Co 14.65% escrutado, os resultados das presidenciais son FSLN: 40.04%; ALN: 33.29%; PLC: 19.51%; e MRS: 6.89%.
Actualización # 1
O primeiro adianto de resultados (sobre o 7,2% do total) sinala que o candidato presidencial da Fronte Sandinista obtería o 40,85%, fronte ao 32,68% do seu principal rival Eduardo Montealegre da Alianza Liberal Nicaraguana (ALN). José Rizo, do Partido Liberal Constitucionalista (PLC) acadaría o 21,37%, e o aspirante do Movemento Renovador Sandinista (MRS) Edmundo Jarquín, ficaría co 4,87%. Pola súa parte a embaixada norteamericana realizou xa a denuncia de irregularidades no desenvolvemento da xornada electoral.
2 comentários:
Na Radio "La Primerisima" podes seguir en directo as elecións nicaragüenses. Non perdas de escoitar os comentarios de William Grigsby e Julio López.
Moitas grazas pola referencia, son desde hai tempo lector-ointe da Primerísima. Tamén El Nuevo Diario en conexión con Canal 12 está facendo un seguemento informativo interesante. Saúdos
Enviar um comentário