20/05/2007

Cuestionario Proust

Entre as uvas, este cuestionario que contesto sen darlle moito tempo á reflexión.

O principal risco do meu carácter?
Unha paciente impaciencia.


A calidade que prefiro nun home?
Humor e intelixencia.


A calidade que desexo nunha muller?
Humor e intelixencia.


O que máis aprecio nos meus amigos?
As súas agarimosas críticas cómplices.


O meu principal defecto?
Ser moi testán.


A miña ocupación preferida?
Ler e escoitar a xente que ten cousas que contar.


O meu soño de dita?
Que me siga sorrindo a fortuna como até agora.


Cal sería a miña maior desgraza?
A perda dos meus máis queridos.


Que quixera ser?
Amigo de John Berger.


Onde desexaría vivir?
Na Veiga de Cascallá, en Rubiá, ou no Ezaro.


A cor que prefiro?
Azul.


A flor que prefiro?
Os caraveis vermellos.


O paxaro que prefiro?
As merlas e as rulas.


Os meus autores preferidos en prosa?
Fran Alonso, Cid Cabido, Xosé Luís Méndez Ferrín, Cunqueiro, Otero Pedrayo, Rosa Aneiros, John Berger, García Márquez, Agusto Monterroso e Paco Ignacio Taibo II.


Os meus poetas preferidos?
Fran Alonso, María Lado, B. Atxaga, Gioconda Belli.


Os meus heroes de ficción?
Daniel Fierros, un escritor de novelas policiacas que se complica a vida como detective, ou Pío Manterola, un xornalista a quen lle encanta meterse en camisas de trece varas. Ambos os dous nacidos da imaxinación de Paco Ignacio Taibo II.


As miñas heroínas de ficción?
Amélie.


Os meus compositores preferidos?
John Coltrane que agora está interpretando My Favorite Things que é de 1961, o meu ano.


Os meus pintores predilectos?
O Bosco, Francisco Mantecón, Tapies, Menchu Lamas e o calígrafo Lázaro Enríquez.


Os meus heroes da vida real?
O Foucellas e Agusto César Sandino.


As miñas heroínas históricas?
Petra Kelly.


Os meus nomes favoritos?
Pedro e Mariña.


Que detesto máis que nada?
A estupidez e a maldade.


Que caracteres históricos desprezo máis?
A intolerancia e o mesianismo.


Que feito militar admiro máis?
A resistencia sandinista en Masaya contra a Garda Nacional somocista.


Que reforma admiro máis?
A conquista do sufraxio universal.


Que dons naturais quixeras ter?
Saber entender a música.


Como me gustaría morrer?
Sen sabelo.


Estado presente do meu espírito?
Como diría Manu Chao: malalegría, estou feliz pero me amolan as inxustizas,


Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Todos os que son debidos ao exceso de afecto.


O meu lema?
«Dicimos que algo é imposíbe cando non o desexamos» (como ben lle gustaba recordar a Enrico Malatesta).

7 comentários:

marcos valcarcel disse...

Graciñas polas súas interesantes respostas, que, de seguro, serán do agrado de moitos lectores e lectoras. Saúdos.

J.A. disse...

Porquê Petra Kelly? pergunto-o porque nom é uma figura que eu conheça bem, senom mais bem escassamente.

Ian disse...

Estimado J.A.

Petra Kelly, pero podería dicirlle Rosa Luxemburgo... mulleres militantes de firmes conviccións, intelixencias vivas e que ademais non estaban dispostas a «renunciar á ración diaria de tenrura» (así dicía Rosa Luxemburgo) ou a facer política con razón e corazón (así dicía Petra Kelly). Ambas as dúas souberon sumar tradicións varias da esquerda, feminismo e movementos sociais alternativos ecoloxismo ou antibelicismo. Quizais tamén porque o esquecemento vai borrando a súa memoria e iso non me prace nada.

bouzafria disse...

Concordo con Marcos no de interesantes respostas, pero... ¿Veiga de Cascallá? ¿Rubiá? ¿É que precisa vostede do silencio valdeorrá? ¿De alí vivires, estaría conectado á internet?

Ian disse...

Estimado Bouzafría, o ar é limpísimo na Veiga e podes pasar o día arrodeado de saberes vellos e habelencias milenarias... É un lugar excelente para recomporse por dentro e por fóra e ademais cunha tarxeta 3G seguiría pendendo da Rede. Aí ten ao meu admirado John Berger perdido nas montañas da Alta Saboia tan lirondo, feliz e atento ao que pasa no mundo grande e no seu mundo pequeno.

marcos valcarcel disse...

Vexo que somos moitos os que coincidimos na resposta: Saber entender (ou tocar) música. Vin varios cuestionarios no blogomillo con esa mesma idea, que compartimos: alguén dubida da necesidade da música na escola, que na miña xeración non tivemos?

Reformar Casa disse...

empresa de reformas en madrid

empresa de reformas

ofertas hacer reformas

trabajos e ideas de reformas

presupuesto de reformas

presupuesto reformar cocina

presupuesto reformar baño

empresa de reformas en madrid
empresa de reformas en madrid

empresa de reformas

ofertas hacer reformas

trabajos e ideas de reformas

presupuesto de reformas

presupuesto reformar cocina

presupuesto reformar baño

empresa de reformas en madrid