
Como o cheiro do lixo, os nosos concellos achegan arrecendos doces e agres, salgaduras e acideces, e fermentos e carroñas que resultan do apodrecemento da acción dos seus gobernos e da falta de vida das sociedades civís locais. É quizais o que máis se achega a trasposición á política do «Espazo Lixo», que nos describe Rem Koolhass: «O "espazo lixo" é un Triángulo das Bermudas, unha cápsula de Petri abandonada: suprime as distincións, socava a determinación e confunde a intención coa execución; reempraza a xerarquía pola acumulación, a composición pola adición [...] O "espazo lixo" é aditivo, estratificado e lixeiro, non está artellado en diferentes partes, senón subdividido, despezado igual que o cadáver dun animal desgarrado...».
Un mundo no que todo se mestura e no que urxe separar, xa desde a orixe, o que é política democrática do que é a corrupción da democracia.
Sem comentários:
Enviar um comentário