20/07/2007

1.573, regreso ao pasado

Unha cousa é a liberdade de expresión e outra a libertinaxe. O xuíz da Audiencia Nacional, Juan del Olmo, ao ordenar o secuestro do número 1.573 da revista El jueves acaba de obrigarnos a dar un chimpo de carneiro cara ao pasado. Entende o maxistrado que a estampa coa que abre a súa portada é constitutiva do delito de inxurias aos Príncipes de Asturias e de menoscabo do prestixio (?) da Coroa e subliña que a caricatura na que aparecen é «claramente denigrante e obxectivamente infamante».

Denigrante e infamante é a trastempada acción censorial e o suposto prestixio da Coroa vai tardar moitísimo tempo en ser restaurado. A decisión que, de certo, será aplaudida polo coro constitucional é un insulto á intelixencia. A miña solidariedade coa revista que na súa primeira etapa ironizaba poñendo o lema «by appointment of the King» na súa capa. Houbo un tempo, en que en presenza dos Reis, os únicos que tiñan dereito a dicir as verdades incómodas e a trasgredir o (políticamente) correcto eran os bufóns. Hoxe en día nin iso. Porca miseria.

3 comentários:

Nygard disse...

Non hai mal que por ben non veña...

Nygard disse...

Por certo, o foto que acompaña á nova en La Razón non ten desperdicio.

http://www.larazon.es/noticias/noti_nac22454.htm

He,he... a saia sempre por debaixo dos xeonllos!

SanPedro disse...

Ano curioso, o 1.573... Nun país báltico, hoxe moi vido a menos, decidiron cambiar a monarquía hereditaria por unha monarquia electiva. Non me extraña que secuestren ese número... :)