18/01/2005
Suxestivo Babel Euroconstitucional
Na pasada fin de semana, os principais xornais entregaron, acompañando ao suplemento dominical, o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa. Editáronse catro millóns de exemplares desigualmente repartidos entre as linguas do Estado: 3.540.000 en castelán, 400.000 en catalán, 30.000 en euscaro e 30.000 en galego. En Galiza a difusión letrada non deu para moitas farturas: tocounos un exemplar por cada 66 cidadáns... quizais por iso os trasnos da loxística quixeron botar unha man e ciscaron polos quioscos unha partida adicional de Euroconstitucións en catalán, e mesturando allos con bugallos e carallos tornaron o esforzo divulgador nunha romexida torre de Babel. Con todo, a máis feliz das iniciativas débese, como non, a El País que, sabedor de que para que triunfe o SI no referendo é máis necesaria a seducción que a información, decidiu acompañar os exemplares gratuítos da Euroconstitución cun libro de galano: La Celestina de Fernando de Rojas. Aí si que estivo viva a intelixencia polanquista.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Alaaaa
Calquera motivo e bo pra bater na burraaaaa...
Non batín na burra senón no que levaba na albarda. Recoñézolle aínda si que foi unha maldade (maiormente venial) pero ser xornal de referencia ten tamén eses custos... Con todo, seguirá falándose da Celestina cando ninguén lembre O Tratado de bla bla bla?
Enviar um comentário