
Un enxeñeiro «canso de levarse posto» é o protagonista de
Unha sombra xa pronto serás, a novela de
Osvaldo Soriano que releo cando se achega a noitiña. Un home camiño a ningures, extraviado na pampa, que vai percorrendo outras vidas tan vencidas como a súa: unha adiviña, o arruínado propietario dun circo, un millonario obsesionado con facer saltar a banca dun casino imposíbel... Redescubro unha escena que é unha estampa dun estado de ánimo colectivo que ameaza con estenderse: Coluccini, o crebado dono do circo, e o enxeñeiro xóganse as súas derradeiras lembranzas nunha partida de cartas porque non teñen outra cousa de valor coa que apostar.
Sem comentários:
Enviar um comentário