23/03/2005
Sen respostas
Dou cunha cita de Anita Roddick («O que agora se necesita é unha revolución da bondade.») que me leva a interesarme pola súa vida. Leo cousas varias sobre a súa imaxinación emprendedora e a xestación de The Body Shop. Nalgún lugar da arañeira atopo os seus consellos para os novos emprendedores; hai tres preguntas que facerse para decidir un proxecto persoal: 1) Qué é o que che gusta facer?; 2) En que es bo?; e 3) Que te diferencia do resto? Debe ser que teño a autoestima polo soto pero non me dou contestado cabalmente ningunha das tres.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Se cadra as respostas non son importantes. O importante, se cadra, é facerse as preguntas.
A segunda e a terceira téñoas claras pra vostede.
A primeira é un pouco máis complexa.
Quedo con iso da revolución da bondade.
Peke creo que leva razón vostede e o realmente importante é facerse as preguntas, aínda que confeso que daría un algo por saber as respostas do amigo Cesare.
Enviar um comentário