Se non fose pola metaforación o noso entendemento do mundo avanzaría morosamente. Metáforas, alusións, alegorías, analoxías, tropos e símbolos compoñen unha fermosa caixa de ferramentas para a comprensión das realidades que nos cercan. Aristóteles, que xa lle deu unha pensada ao tema, concluíu que a capacidade de xerar metáforas nos descubría o poder da mente sobre a posibilidade das cousas.
Confeso que sobre metaforación eu apenas lles sabía nada, débolle a José Blanco o estímulo do meu interese e a un traballo de Jenny Moix Queraltó os saberes que aquí transcribo. Descoñecía, por exemplo, que actualmente en Grecia lle chaman metáfora ao autobús que transporta os viaxeiros do avión á terminal do aeroporto. O ministro de Fomento, como é competencia do seu ramo, de certo que si o sabía e por iso no seu artigo paisano agasallounos cunha cegadora metáfora: «Hai que renovar os alicerces sobre os que se sustenta o noso crecemento. Herdamos unha economía con aparencia saudábel, pero que tiña un colesterol moi alto».
Os meus altísimos (e case suicidas) rexistros de colesterol fanme máis (irresponsabelmente) sabido nesta materia. A estratexia de contención do colesterol está delimitada pola dieta mediterránea, Zarator 40, beber abondosa auga, e Danacol. A primeira para atacar de raíz o problema; o segundo para reducilo a unhas dimensións manexábeis; o terceiro para adelgazar os apetitos; e o último, fundamentalmente, para distraerse até que estudos clínicos independentes (e non comerciais) demostren a súa salvífica eficacia.
Segundo Blanco, o colesterol da nosa economía é «o excesivo peso da construción residencial». Para combater os seus efectos danosos, a botica económica ofrece I+D+i, mellora nas formacións profesionais e universitaria e TIC para atacar o problema de fondo; obra pública para reducir a zona cero do crash do ladrillo a unhas dimensións razoábeis; estímulo do emprendemento en sectores alternativos (servizos ás persoas, melloras da habitabilidade e medio ambiente, enerxías renovábeis...) para atraer apetitos investidores; e a lectura dos artigos de José Blanco e dos propagandistas da Vicepresidencia Segunda para distraer os nosos leceres.
Tras a marrada reforma fiscal de Robín Hood, tócalle a quenda este novo salto ao baleiro. Persístese no erro: para facer as políticas dos outros (liberais ou tecnoconservadores) os electores prefiren aos outros. Se teñen dúbidas en Ferraz que reparen no infortunio dos curmáns alemáns e nos apuros dos veciños peninsulares. O adianto dos orzamentos do Estado consagra unha chapoda suicida do gasto en I+D+i, non introduce cambios substanciais na ordenación de prioridades con apostas innovadoras e alternativas para dar conta da estratexia de economía sustentábel da que se fai apostolado retórico e, baixo corda, segue confiando máis no cemento que no coñecemento.
Menos mal que nos quedan as metáforas de Blanco; son o noso Danacol diario, non fan ben pero distraen, até que contabilidades electorais independentes demostren o contrario.
30/09/2009
22/09/2009
A deleiba de Gloria Lago
Hai anos recrimináronlle a un vedraño editor de esquerdas que publicase unha prosas infames debidas a un parente dun poderoso cargo político da Xunta de Manuel Fraga. Cinicamente sacudiuse as críticas dicindo que o fixera para que todo o mundo soubese das súas bobadas, falta de gusto e ridícula estética.
Hoxe lendo o café de redacción de Xornal de Galicia con Gloria Lago convencinme de que o seu director decidira, tamén, sacrificar tres planas co único obxectivo de darnos a saber as ignorancias destemidas da presidenta da Galicia Bilingüe.
Cribadas as ignorancias de Lago, hai varias afirmación doutrinarias que fican subliñadas nas súas palabras e que marcan a estratexia de guerra lingüística de Galicia Bilingüe na que queren contar como forza principal ao goberno de Núñez Feijóo:
Para compensar tanto maltrato da intelixencia, hoxe Prolingua divulgou entre nós Un reto proveitoso. Como a multiplicidade de linguas podería contribuír á consolidación de Europa, o informe que Amin Maalouf redactou para a Comisión Europea despois de reflexionar cun grupo de intelectuais sobre o diálogo intercultural e a comprensión mutua entre os cidadáns da Unión Europea. É unha peza de moi recomendábel lectura, reproduzo unicamente tres retallos que valen como vacina fronte ao virus exterminista que propaga o discurso de Gloria Lago e Galicia Bilingüe.
A lingua fundamento lexítimo de identidade cultural:
Mal que lle pese a Gloria Lago, vale dicir que somos moitos os galegos que temos no castelán a nosa lingua persoal adoptiva e que queremos, sen contradición ningunha, a máis plena normalización para o galego como a nosa lingua materna. Esta é tamén a razón democrática que nos convoca na defensa do galego.
O informe Maalouf é un gorentoso convite para abordar unha «xestión prudente e imaxinativa da diversidade lingüística» co que pular pola construción dunha nova cidadanía europea e contribuír ao diálogo entre culturas. Unha reflexión do noso tempo que aspira a crear novas oportunidades para unha Europa pluricultural e plurilingüe. Galicia Bilingüe e o goberno do PPdeG inauguraron un camiño en sentido contrario que conduce á deleiba da lingua de Galiza; sumar unha maioría social para impedila, ese é o noso reto máis proveitoso.

- Galiza bilingüe non aposta polo bilingüismo, senón pola libre elección dos galegos entre monolingüismo e bilingüismo (asimétrico, habería que precisar); sen reviravoltas, a súa opción preferente é o monolingüismo en castelán.
- A pesar de que Galicia é un territorio con dúas linguas» non cren que haxa que necesidade de establecer a equiparación xurídica entre galego e castelán xa que «non debería existir a obriga de coñecer ningunha lingua».
- Con todo, «o importante é que se recolla que hai dúas linguas oficiais», entendendo que a oficialidade do galego e o mandato normalizador pasa por unha promoción light da lingua galega, á imaxe e semellanza do decreto do galego no ensino de 2004 xa que, segundo afirma a presidenta de GB, « todos sabiamos o que pasaba nos centros de ensino, que non se cumpría o decreto».
- O que activou Galicia Bilingüe é a pretensión do goberno bipartito de facer efectivo un decreto normalizador no ensino.
- A derrogación do decreto do galego no ensino non universitario do Bipartito é o programa mínimo, a modificación da Lei de Normalización Lingüística é o seu obxectivo estratéxico, Gloria Lago di que estaría «encantada de que se cambiase».
- En termos de repostería política o Bipartito «quería todo o pastel» e «quedaron sen nada». A mesma mensaxe vai dirixida a quen quere educación en galego para o seus fillos: «Non vai haber unha milagre, non vai haber cen por cen galego, é mellor que baixen o discurso e se sumen, porque se non van quedar sen nada». Rematamos como comezamos: o modelo é dunha lingua en posición dominante (castelán) e outra subordinada (galego) ou como as pretensións normalizadoras aspiren a moito máis, imporase simplemente o monolingüismo en castelán.
Para compensar tanto maltrato da intelixencia, hoxe Prolingua divulgou entre nós Un reto proveitoso. Como a multiplicidade de linguas podería contribuír á consolidación de Europa, o informe que Amin Maalouf redactou para a Comisión Europea despois de reflexionar cun grupo de intelectuais sobre o diálogo intercultural e a comprensión mutua entre os cidadáns da Unión Europea. É unha peza de moi recomendábel lectura, reproduzo unicamente tres retallos que valen como vacina fronte ao virus exterminista que propaga o discurso de Gloria Lago e Galicia Bilingüe.
A lingua fundamento lexítimo de identidade cultural:
Todas as linguas son o produto dunha experiencia histórica única, cada unha é a expresión dunha memoria, un patrimonio literario ou unha habilidade específica e constitúe un fundamento lexítimo de identidade cultural. As linguas non son intercambiábeis, ningunha é imprescindíbel pero ningunha é superflua. Preservar todas as linguas do noso patrimonio, incluídas as linguas ancestrais como o latín e o grego antigo, e favorecer a súa expansión no resto do continente, mesmo no caso das linguas máis minoritarias, son aspectos intrínsecos da propia idea dunha Europa de paz, cultura, universalidade e prosperidade.O plurilingüismo e a multiculturalidade elementos constitutivos da identidade europea:
Perante tal diversidade, é grande a tentación de aceptar unha situación de feito na que unha soa lingua, o inglés, ocuparía un lugar preponderante no traballo das institucións europeas e outras dúas ou tres linguas poderían manter durante algún tempo unha presenza que se iría reducindo cada vez máis, mentres que a grande maioría das nosas linguas só terían un estatuto simbólico [...] Cremos que unha evolución deste tipo non é desexábel [...] Respectar a nosa diversidade lingüística non significa unicamente ter en conta unha realidade cultural produto da historia, senón que constitúe o fundamento mesmo da idea europea.A aposta pola institucionalización da «lingua persoal adoptiva»:
Animaríase a todos e cada un dos cidadáns europeos a elixiren libremente unha lingua distintiva, diferente tanto da súa lingua identitaria como da lingua internacional de comunicación. [...] A lingua persoal adoptiva non sería unha segunda lingua estranxeira, senón máis ben unha segunda lingua materna.Coda
Aprendida en profundidade, falada e escrita con frecuencia, integraríase no traxecto escolar e universitario de todo cidadán europeo, así como no currículo profesional de cada un.
A súa aprendizaxe iría acompañada dunha familiarización cos países nos que e fale esta lingua, coa literatura, a cultura, a sociedade e a historia vencelladas a esta lingua e os seu falantes.
Mal que lle pese a Gloria Lago, vale dicir que somos moitos os galegos que temos no castelán a nosa lingua persoal adoptiva e que queremos, sen contradición ningunha, a máis plena normalización para o galego como a nosa lingua materna. Esta é tamén a razón democrática que nos convoca na defensa do galego.
O informe Maalouf é un gorentoso convite para abordar unha «xestión prudente e imaxinativa da diversidade lingüística» co que pular pola construción dunha nova cidadanía europea e contribuír ao diálogo entre culturas. Unha reflexión do noso tempo que aspira a crear novas oportunidades para unha Europa pluricultural e plurilingüe. Galicia Bilingüe e o goberno do PPdeG inauguraron un camiño en sentido contrario que conduce á deleiba da lingua de Galiza; sumar unha maioría social para impedila, ese é o noso reto máis proveitoso.
19/09/2009
Grande eloxio do mercado de favores
Abondan os ensaios (auto)críticos que debullan a relación da esquerda co mercado e a democracia para saber das pexas que coutan os progresos da súa oferta de igualdade en liberdade. Suxírese que é un problema que a dereita saldou con ben hai décadas; mais a apoloxía do liberalismo económico, coa que arroupa o seu entusiasmo por unha democracia dominada por un mercado de favores, non cancela a distinción radical de Giovanni Sartori: «Esquerda é facer o ben para os demais; dereita, facer o ben para si.»
A decisión de Núñez Feijóo de revogar o concurso formalizado polo goberno bipartito para a concesión da explotación de case 2.300 megavatios de enerxía eólica vale tanto para poñer en claro a súa renuncia a que Galiza teña unha política enerxética de seu como para certificar a súa entrega ao mercado de favores e aos desexos dos brókers mediáticos que asumiron a defensa das macrocorporacións.
Pretextando grave inseguridade xurídica, «chatas graves e insalvábeis de legalidade» e, mesmo, inconstitucionalidade por vulnerar a «liberdade de empresa», a Xunta do PPdeG decidiu abortar a tentativa do BNG de materializar unha nova política enerxética baseada no desenvolvemento das renovábeis, a mingua dos impactos ambientais e o reinvestimento dos beneficios da explotación dos seus recursos.
Fendeuse ademais a participación da Xunta na explotacións eólicas a través do INEGA e a estratexia de encadeamento das concesións co impulso de novas iniciativas enerxéticas, agrogandeiras e industriais, lideradas por grupos empresarias galegos e as caixas de aforro do país, que estimaban a creación de 8.300 novos empregos. E, singularmente, liquídanse as cautelas para evitar a concentración monopolista (o maior adxudicatario no concurso finiquitado non sobardaba o 10,3 por cento do total).
Quedan por ver se os resultados da vella nova política, que o presidente Feijóo prognostica, se traducen en garantías xurídicas máis sólidas, mellor protección ambiental ou un maior impacto na reactivación da economía produtiva e non da depredatoria. Como testemuño da acusación crítica fica o negro balance das concesións de 4.000 megavatios que o Partido Popular distribuíu discrecionalmente durante a gobernación de Manuel Fraga. As políticas pasadas abeiran poucos motivos para a esperanza.
Tampouco é de agardar unha mudanza radical da cartografía da explotación das renovábeis nin do balance de forzas das poderosas megacorporacións enerxéticas. O cadro, que asinan Albino Prada e Santiago Lago en Galicia, unha economía europea, non sufrirá ningún gran redeseño:
Desde o 1-M, a Xunta de Galicia é un convidado pasivo na mesa das megacorporacións, acode ás súas esixencias e cede gozosa ás presións mediáticas do brókers no revitalizado mercado de favores. Co PPdeG o autogoberno encadéase ás contas de resultados dos poderosos e ofrécese como unha democracia defectuosa para ser o autogoberno dos grandes grupos de presión e non dos cidadáns.

Tal ausencia de investidores galegos está a trasladarse ao emerxente vector eólico no que Galiza é líder español e europeo. Entidades españolas como BBVA, Caja Madrid ou ACS controlan a maioría dos parques, e teñen unha presenza importante empresas holandesas, italianas e norteamericano-xaponesas. Só o 5 por cento da potencia instalada o é por empresas galegas [...] Isto tería importantes consecuencias na fixación de rendas ambientais e sociais do recurso e no desenvolvemento industrial ou tecnolóxico que puidera vir asociado.Luigi Zingales, da Universidade de Chicago, caracterizou o liberalismo oligárquico dos nosos tecnoconservadores: «Moitos partidos políticos din que son pro mercado e en realidade só son pro negocios: pro negocios duns poucos empresarios que adoitan ser os seus amigos. Iso non é ser partidario de libre mercado, senón deturpalo [...] Por iso, agora hai que salvar ao capitalismo dalgúns capitalistas. Hai que regular ben e restablecer a libre competencia nun libre mercado, xusto e honesto.» Ese é o ecosistema económico do presidente Feijóo; acompáñase ademais dun manso liderado do goberno na regulamentación dos mercados e o deseño de políticas públicas para a xestión ecosocial dos bens comúns.
Desde o 1-M, a Xunta de Galicia é un convidado pasivo na mesa das megacorporacións, acode ás súas esixencias e cede gozosa ás presións mediáticas do brókers no revitalizado mercado de favores. Co PPdeG o autogoberno encadéase ás contas de resultados dos poderosos e ofrécese como unha democracia defectuosa para ser o autogoberno dos grandes grupos de presión e non dos cidadáns.
Tempos Novos # 148
17/09/2009
Mastigar o xornal
Manuel Vázquez Montalbán rebaixaba a cualificación de estatista de Gerald Ford porque era incapaz de facer dúas cousas ao mesmo tempo: ler o xornal e mastigar chicle, por exemplo. Entre nós hai editores e administradores de xornais que son auténticos mestres facendo dúas cousas na mesma tirada: machicar o xornal e ler o chicle, por exemplo.
Hai semanas don Santiago revelounos as súas capacidades, onte (e hoxe) El País formateou os seus editoriais como negra imitación dunha ameazante profecía de Nostradamus ou dunha fulminante maldición cigana. O xornal que contramaestrea Juan Luis Cebrián editorializou sobre o devalo político-existencial dese home e (pre-)(ex-)presidente do goberno que noutrora popularizaron como ZP. Pasaron os tempos felices do Zapatero Presidente. Hoxe, a sombra amarga do desamor de PRISA entolda os futuros improbábeis de Rodríguez Zapatero.
Multitarefas, os mandaríns mediáticos mastigan e len a actualidade con desempeños excelentes cando se trata de pastorear a opinión pública e determinar o que o goberno opina ou debería opinar. Como capitáns de empresas os resultados son bastante menos eficientes á hora de achegar solvencia, sustentabilidade e rendibilidade os seus negocios. Agora mergullados na Depresión (Mediática) 2.0 os balances son moito peores e cheiran en moitos casos a creba, a solución máis innovadora é despedir xornalistas. Así non lles van saír as contas.
Ninguén (nin o máis destemido) será quen de verbalizar o que moitos (a inmensa maioría) pensa intimamente: as grandes corporación de comunicación son merecentes dun plan gobernamental de rescate e saneamento semellante ao do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria. Non serán necesarios tantos millóns pero cantos máis haxa, mellor. A condición fundamental é a mesma que fixeron valer os banqueiros: que se poda operar unha reordenación e redimensionamento do sector sen interferencias do goberno.
Despropositado? Non crean, asístelles a forza da comparanza: os xornais son ao mercado de ideas e opinión o equivalente aos bancos no mercado dos diñeiros: dan crédito, impoñen hipotecas, avalan operacións, crean novos valores, traballan con depósitos tóxicos, certifican crebas... Un novo FROM (Fondo de Reestruturación Ordenada Mediática), con xenerosa caixa, poucas contrapartidas e sen interferencia gobernamental é a solución inmellorábel para capear a crise. Os xerentes mediáticos queren, iso si, un FROM difuso, como orballo, sen notoriedades, sen luz e sen taquígrafos, sen notarios da actualidade que para iso eles sós ben se valen.
Materialismo gastronómico
Amadeo Bordiga, comunista italiano de menor finezza que Antonio Gramsci, dicía que era capaz de adiviñar a opinión política de calquera persoa se lle dicían o que comera. Sei que para moitos o materialismo gastronómico de Bordiga ten hoxe aínda menos crédito que o materialismo histórico do barbado de Treveris, pero non deixa de fornecernos de pistas para intentar explicar algúns dos fenómenos normais e paranormais que conmoven os consellos de administración das factorías da opinión pública.
A maioría dos mortais que vivimos as cativezas do capitalismo sabemos que a incerta licitación da impresión do DOG ou unha previsión negativa de absorción de refugallos audiovisuais por parte da (empobrecida) TVG son detonantes suficientes para facer estourar a tronante voz da rúa e para arrincar ao Dragón de Sabón da súa pracenteira dixestión de prebendas oligárquicas. Unha licenza de TDT de pagamento a destempo antóllasenos causa suficiente para que un executivo global desate a súa furibunda prosa profética. As nosas miserias fannos solidarios coas teses gastronómico-ideolóxicas da mala besta de Bordiga.
Aos que lles pareza rústica a explicación de Bordiga poden achegarse a Antonio Gramsci e han de atopar nas súas letras da cárcere sobre o cesarismo delicadas explicacións para as iradas paixóns editoriais destes tempos. Cesarismo, hoxe en día dicímoslle «presidencialismo», esa desequilibrada tendencia que teñen os xestores do poder político a colocarse por riba do ben e do mal, a autonomizarse dos gobernados plebeos e dos poderosos patricios; entregados á soberbia de atender unicamente as razóns propias, crendo que só responden diante da Historia, que os xulgará con beneficio sempre grazas ás súas magnas obras; entusiasmados unicamente por unha desmedida querenza polo liderado sen condicións, sen tomas a terra, sen transaccións; mergullados por ese espléndida espellismo que confunde gobernar e mandar.
Os máis extremos conclúen dicindo que o presidente tornou en deus, de ZP (Zapatero Presidente) a ZD (Zapatero Deus). Ás patoloxías da divinización está dedicada o primeiro e ferinte editorial de El País. Hai razóns sobradas para someter a Rodríguez Zapatero á crítica democrática, non se discute iso, pero baixo ese pouso de lexitimidade emerxe a maldita pregunta: por que agora e non antes? E esta pregunta só a contesta o estómago predictivo de Amadeo Bordiga.
A Juan Luis Cebrián ou a Santiago Rey amólalles pola vida a divinización dos presidentes, o «endeusamento» de Zapatero ou de Feijóo. Si, Feijóo tamén, o seu irresistíbel ascenso no escalafón do PPdeG, a súa inmellorábel posición no delfinato sucesorio de Rajoy, colócao no ollo do furacán. Hai semanas Feijóo gabábase nas páxinas de Público: «Prefiro escoitar. Seguro que escoitando non erro.» A estas alturas o presidente galego debe ter xa claro que don Santiago cre que non o escoita o suficiente, e que por iso comeza a errar. O Terceiro Sermón de Sabón tiña moitos destinatarios, o máis principal: Alberto Núñez Feijóo.
Segundo o balance de egos e beneficios, a ira agroma non só porque os presidentes non coiden como deben dos seus intereses empresariais senón porque non toman aos patricios mediáticos en toda a consideración que lles deben; non se lles seguen os consellos; non se lles aplauden os enxeños; non lles escoita con agarimo os seus sabidos consellos... Todos recoñecemos os síntomas do poder sen límite e da ira sen mesura. Incúbase por igual na sede do Goberno e nos Consellos de Administración das grandes corporacións de comunicación; PRISA ou La Voz de Galicia non son a excepción (e posibelmente non haxa excepción ningunha).
A utopía de Jefferson
Hai 222 anos, Thomas Jefferson escribiulle a Edward Carrington:
Un desexaría estar conforme coa elección do pai da Declaración de Independencia dos Estados Unidos, aínda que só fose por san republicanismo, mais a visita diaria ao quiosco ultimamente non axuda moito á utopía jeffersoniana. A propósito da teatralización de 1984 de George Orwell, o actor e director, Tim Robbins, reflexionaba nas antípodas do seu compatriota:

O modo de evitar tales indisposicións irregulares do pobo consiste en proporcionar informacións completas sobre os seus asuntos mediante o canal dos xornais públicos e procurar que cheguen a toda a masa do pobo. Como a base dos nosos gobernos se atopa na opinión do pobo, a súa primeira finalidade debe consistir en manter o devandito dereito e, se se deixara ao meu albedrío decidir entre un goberno sen xornais ou uns xornais sen goberno, non dubidaría un instante en elixir o segundo.
Un desexaría estar conforme coa elección do pai da Declaración de Independencia dos Estados Unidos, aínda que só fose por san republicanismo, mais a visita diaria ao quiosco ultimamente non axuda moito á utopía jeffersoniana. A propósito da teatralización de 1984 de George Orwell, o actor e director, Tim Robbins, reflexionaba nas antípodas do seu compatriota:
Estou a falar dos que verdadeiramente mandan nos xornais. Eles crean a opinión pública e prexudican a moitas persoas. Para empezar, danan aos xornalistas que traballan para eles. En EEUU, moitos profesionais da información perden o seu traballo cando tentan explicar a verdade, cando tentan ensinar as mentiras dun sector moi poderoso. [...] Se queremos que o país cambie, que o mundo funcione un pouquiño mellor, hai que empezar a sacudir as redaccións. Se queremos un cambio real, hai que cambiar o funcionamento dos medios de comunicación.Máis que sacudir as redaccións sospeito que hai que abanear a moitos dos que están acantoados nos consellos de administración, moi especialmente a esa especie de oligarcas da opinión pública que fan por gobernar o terreal e o celeste sen someterse a ningunha caste de elección cidadá. A súa aspiración suprema é facer dos xornais unha sorte de sottogoberno. De seguir alimentando o seu negocio coa confusión actual de papeis, comezaremos a matinar sobre se nas vindeiras elección votaremos a El País, El Mundo, Público, La Voz de Galicia ou Xornal. E o máis peor, acabaremos por ir ao quiosco para afiliarnos ao PSOE, ao BNG ou vai ti saber a que. Algo (radical) teremos que facer para darlle a razón a Jefferson e quitarlla a Rey, Cebrián, Ramírez e compañía, multiatarefados mastigadores de xornais e lectores de chicle.
08/09/2009
2013
A revista Viento Sur estreou o ano 2009 cun volume centenario no que reuniu unha manchea de reflexións anticapitalistas. Unha proveitosa lectura crítica do capitalismo, dos seus límites e da necesidade da súa derrota ética, social, ecolóxica, política, económica e cultural. «Mitos e lendas da dominación» é unha das súas pezas. Asinada por Daniel Bensaid é un recordatorio de que o desafío de toda emancipación é tornar en forza unha debilidade. Aí mesmo Bensaid reivindica a política como a arte de «dar a volta» ás situacións de dominación. Vai un retallo do texto de Bensaid:
Persistir no erro
A nova entrega de Vazquismo 2.0 resulta desalentadora. O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, está convencido de que é mellor camiñar só que co nacionalismo e de que, dentro de tres anos e medio, a cousa no OK Corral do Noroeste se vai resolver nun duelo a dous. Respostas estratéxicas tiradas da entrevista de Pachi Vázquez en El País-Galicia:
Fago referencia concreta á estratexia do PSdeG porque o BNG non é moi dado, nestes tempos, a explicitar publicamente estratexia ningunha, a táctica ocupa todo o lugar na súa comunicación e limítase a acomodarse tacticamente á marxe que deixan as manobras dos demais. O BNG, coa mesma solvencia, pódese singularizar como un aliado (case) incondicional do PSOE nas Cortes ou optar por unha olímpica indiferenza no Pazo do Hórreo, cando non pola colaboración resignada en concellos veciños doutros nos que se asume como principal oposición ao PSOE. Unha táctica líquida que se adapta ao colector político en cada ocasión e que pode rematar por converterse aos ollos de moitos cidadáns nun babel estratéxico tan incomunicábel como comprensíbel.
Obxectivo 2013
Todo é indicativo de que a dixestión do 1-M está sendo pesada de máis e de que, como dirían os clásicos, as condicións subxectivas están moito peor que as condicións obxectivas. A abatida interiorización da derrota por parte do PSdeG e do BNG é o que fai máis intimidatoria a dominación do Partido Popular. Os agoiros prognostican o goberno conservador de Galiza para unha longa tempada. Os entusiastas de Feijóo extrapolan a partir dun (aínda non confirmado) dominio electoral, unha hexemonía duradeira, consolidada, esmagadora.
A contracorrente, hai xa uns días, Fermín Bouza iniciaba unha mobilización de ideas ao redor do que deu en chamar Obxectivo 2013: a recuperación do autogoberno galego para as políticas de cambio. Un razoábel convite para pasar páxina e estrear unha nova axenda de prioridades políticas. O desafío implícito en Obxectivo 2013 é converter as debilidades en fortalezas e non aceptar o imaxinario conservador da súa hexemonía en Galiza como unha inapelábel condena perpetua. Darlle a volta a ese futuro non desexábel é o obxectivo en 2013. A non esquecer que para chegar con ben a 2013, previamente hai que resolver positivamente as citas de 2011 e 2012.
A estratexia colaborativa non é a elección primeira nin de PSdeG nin de BNG. Tamén é notorio que a simple reedición dun pacto obrigado polas circunstancias aritméticas non tirará aos abstencionistas e desencantados da súa inacción ou do seu cabreo. O apelo sentimental ou o amedrentamento ante renovados triunfos da dereita han ter menos eficacia que unha oferta útil de colaboración, cun programa claro e compromisos de rexeneración das prácticas de goberno ensaiadas con desigual fortuna no pasado.
Tamén está claro que isto non será posíbel se non se conforma un polo de opinión, transversal ao PSdeG e BNG, para poñer en primeiro plano da axenda do país a necesidade dunha nova política colaborativa dos progresistas, galeguistas e nacionalistas. Non vaia ser o demo que por causa da desconexión PSdeG-BNG comece a estenderse a idea de que para derrotar ao Partido Popular, previamente vai ser necesario derrotar a estratexia isolacionista que anima Manuel Vázquez (PSdeG) e aproveita para non definirse Guillerme Vázquez (BNG).
Hoxe mesmo Juan Varela lembrábanos os fundamentos da Educación 2.0. Son 4 C: Comunicar, Compartir, Colaborar, Confiar. Tamén valen para a Política 2.0. Engádanlle, se queren, dous máis: Construír e Confrontar (co PP). Ese é o código aberto de Obxectivo 2013, o da cidadanía comprometida co cambio en Galiza, coa recuperación do novo autogoberno para as políticas do cambio. Código aberto que debería ser, na miña idea, tamén o do BNG e do PSdeG.
Esta dominación recobre toda unha gama de relacións, de hexemonía, de explotación, de opresión, de discriminación, de descualificación, de humillación, obxecto doutras tantas resistencias, aínda que sexan subalternas respecto daquilo ao que resisten. Pero é destino de calquera loita é ser asimétrica, e o desafío de calquera emancipación é converter en forza unha debilidade.Anunciase un outono quente. O inverno non será máis morno. E, como sempre, o campo do posíbel é moito máis amplo do que nos queren deixar imaxinar, mais a pouco que se impoña a desorientación estratéxica no PSdeG e no BNG a imaxinación pode tornarse nunha fábrica de pesadelos e nunha inmellorábel asistencia para a consolidación do poder conservador en Galiza. Unha situación de dominación (aínda feble) á que temos que darlle a volta canto antes.
O problema da política, concibida de forma estratéxica e non xestionaria, consiste precisamente en captar os momentos de crises en que esta asimetría pode ser volteada. Iso implica aceptar traballar nas contradicións e as relacións de forzas reais, no canto de crer poder negalas ou subtraerse ilusamente ás mesmas. Porque os subalternos (ou os dominados) non son exteriores ao ámbito político da loita, e a dominación non é nunca enteira e absoluta. A práctica é portadora de experiencias e de coñecementos propios, susceptibles de proporcionar as armas dunha hexemonía alternativa. A liberdade ábrese paso no seo mesmo dos dispositivos de poder. E as normas da dominación poden ser crebadas por unha crise e un acontecemento que non son resultado dunha necesidade da orde social, nin da predestinación dun suxeito histórico, nin dun milagre teolóxico, senón da posta na orde de batalla de prácticas políticas afianzadas no movemento que tende a abolir a orde establecida.
Persistir no erro
A nova entrega de Vazquismo 2.0 resulta desalentadora. O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, está convencido de que é mellor camiñar só que co nacionalismo e de que, dentro de tres anos e medio, a cousa no OK Corral do Noroeste se vai resolver nun duelo a dous. Respostas estratéxicas tiradas da entrevista de Pachi Vázquez en El País-Galicia:
P: E o modelo de pactos co BNG tamén se manterá?A idea de que os gobernos se conforman como queren os cidadáns, non como queren os partidos é o grande descubrimento de Manuel Vázquez. A súa materialización práctica é a aceptación de que goberne a lista máis votada. Esta estratexia ofrécelle ao PSdeG unha (aparente) vantaxe, nunha situación de feroz bipolarización axudaralle a engordar o chamado voto útil. E, a seguir, entregaralle o goberno dos principais municipios do país ao Partido Popular como un adianto de prórroga da súa permanencia na Xunta de Galicia. Sacas de cemento electoral para ampliar e fortecer a hexemonia do PPdeG.
R. O PSdeG entra nunha etapa na que imos a por todas. Somos capaces, e demostrámolo moitas veces, de gobernar con capacidade propia, con criterio propio e con autonomía.
P. E no Goberno galego, sería partidario de repetir un pacto como o do bipartito?
R. O PSdeG está a construír un modelo propio para Galicia, e iso é o único que nos guía. Non contemplamos ningunha outra alternativa. Se algunha cousa non nos funcionou ben neste modelo anterior é que non definimos un proxecto único, sólido e desde a base. Non temos nada que ver en termos ideolóxicos co nacionalismo. Logo os cidadáns votan e os gobernos confórmanse como queren os cidadáns, non como queren os partidos. Pero se somos capaces de gobernar en maioría as grandes cidades, por que non construír unha alternativa política propia. Eu teño a sensación de que o PSdeG cada vez vai estar máis forte, ímonos apontoar máis, porque fixemos un exercicio de humildade, ao asumir que moitas cousas non as fixemos ben e queremos facelas ben. Houbo un certo distanciamento cidadán, abordar os problemas con maior profundidade... Se se dan as circunstancias dentro de tres anos e medio de que temos unha maioría sólida, aínda que non absoluta, para gobernar, tomariamos a decisión de gobernar. E se non nos deixan gobernar, que o faga quen teña que facelo. Que o modelo do País Vasco está aí Que pode darse? Que aínda non tendo maioría absoluta o PP poida gobernar? Pois pode pasar. E tampouco pasa nada, se o deciden os cidadáns.
Fago referencia concreta á estratexia do PSdeG porque o BNG non é moi dado, nestes tempos, a explicitar publicamente estratexia ningunha, a táctica ocupa todo o lugar na súa comunicación e limítase a acomodarse tacticamente á marxe que deixan as manobras dos demais. O BNG, coa mesma solvencia, pódese singularizar como un aliado (case) incondicional do PSOE nas Cortes ou optar por unha olímpica indiferenza no Pazo do Hórreo, cando non pola colaboración resignada en concellos veciños doutros nos que se asume como principal oposición ao PSOE. Unha táctica líquida que se adapta ao colector político en cada ocasión e que pode rematar por converterse aos ollos de moitos cidadáns nun babel estratéxico tan incomunicábel como comprensíbel.
Obxectivo 2013
Todo é indicativo de que a dixestión do 1-M está sendo pesada de máis e de que, como dirían os clásicos, as condicións subxectivas están moito peor que as condicións obxectivas. A abatida interiorización da derrota por parte do PSdeG e do BNG é o que fai máis intimidatoria a dominación do Partido Popular. Os agoiros prognostican o goberno conservador de Galiza para unha longa tempada. Os entusiastas de Feijóo extrapolan a partir dun (aínda non confirmado) dominio electoral, unha hexemonía duradeira, consolidada, esmagadora.
A contracorrente, hai xa uns días, Fermín Bouza iniciaba unha mobilización de ideas ao redor do que deu en chamar Obxectivo 2013: a recuperación do autogoberno galego para as políticas de cambio. Un razoábel convite para pasar páxina e estrear unha nova axenda de prioridades políticas. O desafío implícito en Obxectivo 2013 é converter as debilidades en fortalezas e non aceptar o imaxinario conservador da súa hexemonía en Galiza como unha inapelábel condena perpetua. Darlle a volta a ese futuro non desexábel é o obxectivo en 2013. A non esquecer que para chegar con ben a 2013, previamente hai que resolver positivamente as citas de 2011 e 2012.
A estratexia colaborativa non é a elección primeira nin de PSdeG nin de BNG. Tamén é notorio que a simple reedición dun pacto obrigado polas circunstancias aritméticas non tirará aos abstencionistas e desencantados da súa inacción ou do seu cabreo. O apelo sentimental ou o amedrentamento ante renovados triunfos da dereita han ter menos eficacia que unha oferta útil de colaboración, cun programa claro e compromisos de rexeneración das prácticas de goberno ensaiadas con desigual fortuna no pasado.
Tamén está claro que isto non será posíbel se non se conforma un polo de opinión, transversal ao PSdeG e BNG, para poñer en primeiro plano da axenda do país a necesidade dunha nova política colaborativa dos progresistas, galeguistas e nacionalistas. Non vaia ser o demo que por causa da desconexión PSdeG-BNG comece a estenderse a idea de que para derrotar ao Partido Popular, previamente vai ser necesario derrotar a estratexia isolacionista que anima Manuel Vázquez (PSdeG) e aproveita para non definirse Guillerme Vázquez (BNG).
Hoxe mesmo Juan Varela lembrábanos os fundamentos da Educación 2.0. Son 4 C: Comunicar, Compartir, Colaborar, Confiar. Tamén valen para a Política 2.0. Engádanlle, se queren, dous máis: Construír e Confrontar (co PP). Ese é o código aberto de Obxectivo 2013, o da cidadanía comprometida co cambio en Galiza, coa recuperación do novo autogoberno para as políticas do cambio. Código aberto que debería ser, na miña idea, tamén o do BNG e do PSdeG.
Etiquetas:
BNG,
Cambio político,
Cidadanía,
Obxectivo 2013,
PSdeG
04/09/2009
A Taxa Robín
O executivo de Rodríguez Zapatero caeu ao engado da estratexia de J. Gouncourt quen aseguraba que «un goberno sería eterno se ofrecese ao pobo, todos os dias, un fogo de artificio». Na tempada estival, e para zafar dos rigores da crise, o goberno gastou en artificios publicitarios e confiouse ao ruído mediático. O máis espectacular foi, sen dúbida, o anuncio blanquista dunha inmediata reforma fiscal destinada a gravar aos máis ricos en beneficio dos que menos teñen.
Algún espelido redactor cualificouna como a política de Robín Hood. José Blanco argumentou, na mellor tradición da socialdemocracia reformista, a necesidade dunha maior equidade e xustiza fiscal. Elena Salgado sumoulle razóns de índole contábel: a presión fiscal sobre as maiores rendas está tamén esixida polo enfraquecemento da caixa de caudais do Estado e polo compromiso reiterado de soster, sen mingua, as políticas sociais como paliativo da crise económica.
A oposición do Partido Popular á máis cativa presión fiscal forma parte do seu ADN; CiU, que nesta materia comparte código, adiantou que as mudanzas prexudicarían as clases medias. Eleváronse voces críticas a favor do alivio fiscal que nin tan sequera remitiron cando o presidente Zapatero balizou o alcance da reforma. Será un axuste temporeiro e limitado dos impostos, non se lle tocará ás rendas salariais, non se modificará nin o IRPF nin o imposto de sociedades, gravaranse tan só as grandes rendas de capital.
Onte en Público, Vicenç Navarro ilustrou as políticas de regresividade fiscal achegando algúns datos contundentes que xustifican unha reforma impositiva máis ambiciosa e equitativa:
A Vicepresidenta económica cortoulle o paso a calquera tentación de crear unha Taxa Robín que acrecente a presión fiscal sobre as tapadeiras fiscais ao estilo das SICAV. Salgado santificou que non se lles vai tocar nin un decimal xa que «o diñeiro viaxa á velocidade da luz» e non é cousa de provocar a súa fuxida masiva.
Para que non se piren aos paraísos fiscais o goberno seguirá dándoselles o abeiro das SICAV, a versión local dos paraísos fiscais que ideou o Partido Popular en 2003. Mentres o Partido Socialista non renuncie ao seu conformismo e se tome máis en serio o seu reformismo, Robín Hood terá que seguir recluído nas fonduras do bosque de Sherwood.

Durante a década 1996-2006, os beneficios empresariais aumentaron un 33% na media da Unión Europea dos Quince (UE-15) e un 36% na zona euro. [...] As empresas españolas viron aumentar os seus beneficios netos un 73% (máis do dobre da media da UE-15). Este aumento das rendas de capital tivo lugar á conta das rendas do traballo. A masa salarial (que mide tales rendas) descendeu moi marcadamente, pasando de representar o 70% da renda nacional na zona euro, no ano 1992, ao 62% no ano 2005, descenso que foi, mesmo, máis acentuado en España, onde pasou de representar o 72% da renda nacional ao 61%.Os maiores patrimonios, acubillados nas Sociedades de Investimentos de Capital Variábel, seguirán evadindo as súas contribucións a todo gasto público e tributarán un ridículo 1%. O ridículo muda en escándalo se se compara co 30% que pesa sobre as achegas das empresas, por nada dicir dese 43% que coroa aos máis gorentosos ingresos salariais ou o máis común 16-20% dos soldos acomodados.
A Vicepresidenta económica cortoulle o paso a calquera tentación de crear unha Taxa Robín que acrecente a presión fiscal sobre as tapadeiras fiscais ao estilo das SICAV. Salgado santificou que non se lles vai tocar nin un decimal xa que «o diñeiro viaxa á velocidade da luz» e non é cousa de provocar a súa fuxida masiva.
Para que non se piren aos paraísos fiscais o goberno seguirá dándoselles o abeiro das SICAV, a versión local dos paraísos fiscais que ideou o Partido Popular en 2003. Mentres o Partido Socialista non renuncie ao seu conformismo e se tome máis en serio o seu reformismo, Robín Hood terá que seguir recluído nas fonduras do bosque de Sherwood.
01/09/2009
Voz dos poderosos
No día dos inocentes de 2009, Diego Areso, xornalista que mantén o blog quintatinta e é xefe de deseño de Público, reparaba nunha ducia publicacións que, na súa idea, debían mudar a súa aparencia gráfica no ano en curso. Entre delas, La Voz de Galicia. Aquí o seu xuízo:
Menos prensa, máis corrupción
Nun suxestivo artigo Paul Starr apuntou que a crise da prensa papel pode ter como efecto colateral a irrupción dunha nova onda de corrupción e desmandos dos poderosos. Starr atense á tradición dos xornais estadounidenses que, desde a súa orixe e aínda que «a miúdo non lograron levar a cabo estas funcións tan ben como debían», «foron os nosos ollos fronte ao Estado, o noso control sobre os abusos públicos, o noso sistema cívico de alarma». Para dar conta da súa misión democrática, Starr recupera unha longa cita que Walter Lippmann deixou en Liberty and the News:
A conclusión de Starr é rotunda:
Código de imposturas
Cunha lectura apresurada da triloxía de éxitos de Santiago Rey Fernández Latorre pode tirarse a conclusión de que as preocupacións do presidente-editor de La Voz de Galicia son as mesmas que as de Paul Starr e que non ten outro libro de estilo que o escrito por Walter Lippmann. O dono da Corporación Voz non se cansa de repetir que fai do seu oficio un «exercicio de cidadanía» e, na súa última entrega, reitera moi solemne que a súa obrigación «é recoller a voz da rúa, atender o seu desexo extremo de que sexamos a conciencia crítica do poder».
No seu clásico «O compromiso dun título» deixou en claro a misión e os custos derivados do seu xornalismo independente: «compromiso coa democracia e co desenvolvemento desta terra. Custoso, como todos os que esixen esforzo e fatigas», «aínda que iso o indispoña con este ou aquel Goberno ou con institucións e entidades de todo tipo que se acazapan na suposta vontade popular, pero se rebelan contra a transparencia e o control democrático». No seu conmovedor «Eu protesto», reiterou a súa sacrificial vocación «aínda a risco de gañarse a incomprensión duns e as declaradas hostilidades doutros».
O xornalismo independente e cidadán de Rey é retórico e falso como unha medalla de cortiza; por máis que predique o modelo de dirección de medios de Rey non é o norteamericano senón o latino. As diferenzas están magnificamente recollidas en Sistemas mediáticos comparados de Daniel C. Hallin e Paolo Mancini e foron resumidas con acerto por Enrique Gil Calvo:
Espellismo de Galiza
Para cumprirlle á verdade hai que facer unha manchea de precisións en cargo e descargo do editor coruñés. A diferenza doutros medios, LVG sobrevive como un medio de titularidade privada desde as súas orixes, privado, de capital familiar e cun nivel de endebedamento notábel coa principal caixa de aforros do país e, segundo os ruxe-ruxe, cun dos máis raposeiros ex-empresarios do ladrillo. Non é menos verdade que as subvencións ao papel e os convenios (máis ou menos transparentes) para os seus negocios audiovisuais pesan de xeito determinante na sostenibilidade precaria da Corporación Voz e son unha achega fundamental para compensar os buracos da tríade vendas-promocións-publicidade, presumida matriz do negocio.
É igualmente certo que La Voz se fixo con maior autonomía política que calquera outro dos medios galegos históricos, esa autonomía expresouse con maior vigor a medida que o devalar político de Manuel Fraga se facía cada vez máis acusado. Non é cousa falta de importancia que a primeira « grande editorial estratéxica» –«O compromiso dun título»– de Rey aparecese no outono de 2004, na fase terminal do mandato do patrón de Vilalba. O debilitamento do poder do fraguismo traduciuse nun papel máis autónomo e tamén máis abertamente político da Corporación Voz, autonomía e influencia que no tempo do bipartito non fixo máis que engrandecerse.
Terceiro, durante amplos períodos LVG foi un xornal apáñao-todo (case todo) e armouse cunha ampla pluralidade de voces e opinións e cun extraordinario equipo de profesionais que, sobre todo a partir de 1995, comezou a ver comprometido o seu traballo polas interferencias do presidente-editor, revivido como director de feito tras a marcha de Bieito Rubido en marzo de 2006. La Voz de Galicia ten neste momento posibelmente a menor cota de pluralismo informativo e de opinión de toda a súa historia (desde a reinstauración da democracia). E aínda que se faga fachenda do contrario, nunca estivo máis desmellorado o seu «galeguismo»; no último cuadrienio o xornal consume «galeguismo desgaleguizado» coa mesma naturalidade que, para quitarnos do café, tomamos café descafeinado.
Na retórica de Rey nunca falta unha apelación á necesidade de que a nosa sociedade reaccione e asuma o seu protagonismo. Interpelación de urxencia en «Eu protesto»: «Fai falla máis que nunca que regrese a desaparecida sociedade civil. Que se restableza da postración, que coñeza, que pida contas, que xulgue, que actúe». Chamamento reiterado no último parte:
A crítica dos poderosos
Por unhas cousas e por outras, LVG sábese «cuarto poder» e como tal poder aspira a facer entrismo en todos os demais poderes sexan políticos ou mercantís, civís, agochados ou públicos. Coa lingua pequena e farfantona, o seu presidente-editor reivindicase como gañador na derrota do bipartidismo e dáse mérito por ser dono dun xornal que quita e pon presidentes. Os seus «editoriais» son (ou pretenden selo) un exercicio de poder baixo aparencia dun exercicio de cidadanía. A mensaxe de Rey é tan ameazante como rotunda: sen La Voz non hai paraíso, nin gobernación tranquila, nin «sociedade civil mansa».
Na cabeceira fundacional, La Voz de Galicia definíase como un xornal «político e comercial» e desde a aquela ofrécese como un mix de política e negocios. Negocio como empresa de comunicación e como axente de representación diante dos poderes públicos dos intereses dos seus socios estratéxicos. No mercado de favores e na representación diante das administracións públicas a Corporación Voz é un dos máis eficientes e agresivos brókers. Política como información e desinformación, como factoría de lexitimación e como principal think tank conservador de Galiza.
Santiago Rey interprétase a día de hoxe como un home providencial. Coa súa proverbial modestia deu cabo a «A voz da calle» con estas palabras:
La Voz de Galicia é, efectivamente e como diría Lippmann, o único libro que, en Galiza, a xente le a diario e a teimosía de Rey non é outra que a de facer do seu xornal unha indiscutida «biblia democrática», canon do verdadeiro e do falso, do lexítimo e do espurio, do posíbel e do permitido, mandato imperativo para gobernantes e instrumento de submisión dos plebeos. De aí procede o mesianismo, a vontade redentora e a misión salvadora de don Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente-editor do xornal do Partido dos Poderosos.
La Voz de Galicia. O último cambio deste xornal foi case unha volta aos inicios do deseño do século XIX (páxinas planas, anarquía de brancos, fotos pequeneiras). Non creo que se poda caer máis baixo, pero gustaríame pensar que si se pode rebotar.O xuízo de Areso é matizábel, efectivamente se pode caer aínda máis baixo nos contidos ou na ética xornalística que no seu deseño formal. A derrama sen fin moito lle debe ao criterio supremo e indiscutíbel do seu Presidente-editor. Certifícase cada día a perda de engado, pero cada vez é máis improbábel caste ningunha de rebote por máis que proteste ou vaia de voz da rúa. A crise dos medios non axuda e os caprichos ególatras do seu dono soberano aínda menos.
Menos prensa, máis corrupción
Nun suxestivo artigo Paul Starr apuntou que a crise da prensa papel pode ter como efecto colateral a irrupción dunha nova onda de corrupción e desmandos dos poderosos. Starr atense á tradición dos xornais estadounidenses que, desde a súa orixe e aínda que «a miúdo non lograron levar a cabo estas funcións tan ben como debían», «foron os nosos ollos fronte ao Estado, o noso control sobre os abusos públicos, o noso sistema cívico de alarma». Para dar conta da súa misión democrática, Starr recupera unha longa cita que Walter Lippmann deixou en Liberty and the News:
Cando chegan ás oficinas do xornal, as noticias do día son unha incríbel mestura de feitos, propaganda, rumores, sospeitas, pistas, esperanzas e temores, e o labor de elixilas e ordenalas é un dos oficios verdadeiramente sacros e sacerdotais dunha democracia. O xornal é, literalmente, a Biblia da democracia, o libro no cal un pobo basea a súa conduta. É o único libro serio que a maioría da xente le. É o único libro que a xente le a diario.Starr sostén que un dos perigos dunha cobertura informativa reducida é que teña efectos negativos sobre a integridade do goberno xa que «a corrupción é máis susceptíbel de florecer cando aqueles que están no poder teñen menos razóns para temer un escándalo». E cifra a súa preocupación nos traballos de Alicia Adsera, Carles Boix e Mark Payne sobre a relación entre a corrupción e a «libre circulación dos diarios por persoa» que subliñan unha correlación moi estreita: canto máis baixa é a circulación de xornais nun país, máis alta é o índice de corrupción.
A conclusión de Starr é rotunda:
Se tomamos en serio a noción dos xornais como o cuarto poder, a fin da era dos xornais implica un cambio no sistema político mesmo. Os xornais axudaron a controlar as tendencias á corrupción tanto no goberno como nos negocios. Se queremos evitar unha nova era de corrupción, haberemos de reunir ese poder por outros medios. As nosas novas tecnoloxías non nos desposúen das nosas vellas responsabilidades.
Código de imposturas
Cunha lectura apresurada da triloxía de éxitos de Santiago Rey Fernández Latorre pode tirarse a conclusión de que as preocupacións do presidente-editor de La Voz de Galicia son as mesmas que as de Paul Starr e que non ten outro libro de estilo que o escrito por Walter Lippmann. O dono da Corporación Voz non se cansa de repetir que fai do seu oficio un «exercicio de cidadanía» e, na súa última entrega, reitera moi solemne que a súa obrigación «é recoller a voz da rúa, atender o seu desexo extremo de que sexamos a conciencia crítica do poder».
No seu clásico «O compromiso dun título» deixou en claro a misión e os custos derivados do seu xornalismo independente: «compromiso coa democracia e co desenvolvemento desta terra. Custoso, como todos os que esixen esforzo e fatigas», «aínda que iso o indispoña con este ou aquel Goberno ou con institucións e entidades de todo tipo que se acazapan na suposta vontade popular, pero se rebelan contra a transparencia e o control democrático». No seu conmovedor «Eu protesto», reiterou a súa sacrificial vocación «aínda a risco de gañarse a incomprensión duns e as declaradas hostilidades doutros».
O xornalismo independente e cidadán de Rey é retórico e falso como unha medalla de cortiza; por máis que predique o modelo de dirección de medios de Rey non é o norteamericano senón o latino. As diferenzas están magnificamente recollidas en Sistemas mediáticos comparados de Daniel C. Hallin e Paolo Mancini e foron resumidas con acerto por Enrique Gil Calvo:
Eses trazos son catro: a tirada da prensa (a anglosaxoa e a nórdica de gran tirada, a latina de pequena tirada) e a súa audiencia característica (elitista na área latina, de masas nas áreas nórdica e anglosaxoa); o seu grao de aliñamento político (independencia no modelo anglosaxón, aliñamento moderado no nórdico e extremado no latino); nivel de profesionalización dos xornalistas (moi baixo no caso latino, bastante elevado nos outros dous), e intervencionismo do Estado no mercado mediático (inexistente no modelo anglosaxón, moderado no nórdico e moi acusado o latino).A eufórica independencia do presidente-editor non casa moi ben cun ecosistema de medios tan latino como o noso e que asentou na era Fraga, e con Pérez Varela como capataz, os seus trazos distintivos: tiradas decrecentes, audiencias elitistas, aliñamento político extremo e reforzado intervencionismo dos poderes públicos.
Espellismo de Galiza
Para cumprirlle á verdade hai que facer unha manchea de precisións en cargo e descargo do editor coruñés. A diferenza doutros medios, LVG sobrevive como un medio de titularidade privada desde as súas orixes, privado, de capital familiar e cun nivel de endebedamento notábel coa principal caixa de aforros do país e, segundo os ruxe-ruxe, cun dos máis raposeiros ex-empresarios do ladrillo. Non é menos verdade que as subvencións ao papel e os convenios (máis ou menos transparentes) para os seus negocios audiovisuais pesan de xeito determinante na sostenibilidade precaria da Corporación Voz e son unha achega fundamental para compensar os buracos da tríade vendas-promocións-publicidade, presumida matriz do negocio.
É igualmente certo que La Voz se fixo con maior autonomía política que calquera outro dos medios galegos históricos, esa autonomía expresouse con maior vigor a medida que o devalar político de Manuel Fraga se facía cada vez máis acusado. Non é cousa falta de importancia que a primeira « grande editorial estratéxica» –«O compromiso dun título»– de Rey aparecese no outono de 2004, na fase terminal do mandato do patrón de Vilalba. O debilitamento do poder do fraguismo traduciuse nun papel máis autónomo e tamén máis abertamente político da Corporación Voz, autonomía e influencia que no tempo do bipartito non fixo máis que engrandecerse.
Terceiro, durante amplos períodos LVG foi un xornal apáñao-todo (case todo) e armouse cunha ampla pluralidade de voces e opinións e cun extraordinario equipo de profesionais que, sobre todo a partir de 1995, comezou a ver comprometido o seu traballo polas interferencias do presidente-editor, revivido como director de feito tras a marcha de Bieito Rubido en marzo de 2006. La Voz de Galicia ten neste momento posibelmente a menor cota de pluralismo informativo e de opinión de toda a súa historia (desde a reinstauración da democracia). E aínda que se faga fachenda do contrario, nunca estivo máis desmellorado o seu «galeguismo»; no último cuadrienio o xornal consume «galeguismo desgaleguizado» coa mesma naturalidade que, para quitarnos do café, tomamos café descafeinado.
Na retórica de Rey nunca falta unha apelación á necesidade de que a nosa sociedade reaccione e asuma o seu protagonismo. Interpelación de urxencia en «Eu protesto»: «Fai falla máis que nunca que regrese a desaparecida sociedade civil. Que se restableza da postración, que coñeza, que pida contas, que xulgue, que actúe». Chamamento reiterado no último parte:
Dirá algún día basta a sociedade civil e obrigará aos seus representantes a que escoiten o que dita o seu sentido común? […] Se queremos evitar unha traxedia debe reaparecer a sociedade civil...O pluralismo (co)medido de La Voz de Galicia permitiulle presentarse como espello da sociedade civil galega. Malfadamente, a día de hoxe, LVG non é espello da sociedade galega, nin mesmo un espello aceptabelmente deformado, é o soporte dun espellismo de sociedade civil. Un éxito non pequeno de Rey foi o eficaz proceso de expropiación da opinión cidadá e identificación da dita sociedade civil con La Voz. A fórmula de éxito é sabida: se non saes en LVG non existes, nada es. Con esta máxima preténdese domesticar os gabinetes de comunicación de empresas, partidos e asociacións. Maiormente funciona.
A crítica dos poderosos
Por unhas cousas e por outras, LVG sábese «cuarto poder» e como tal poder aspira a facer entrismo en todos os demais poderes sexan políticos ou mercantís, civís, agochados ou públicos. Coa lingua pequena e farfantona, o seu presidente-editor reivindicase como gañador na derrota do bipartidismo e dáse mérito por ser dono dun xornal que quita e pon presidentes. Os seus «editoriais» son (ou pretenden selo) un exercicio de poder baixo aparencia dun exercicio de cidadanía. A mensaxe de Rey é tan ameazante como rotunda: sen La Voz non hai paraíso, nin gobernación tranquila, nin «sociedade civil mansa».
Na cabeceira fundacional, La Voz de Galicia definíase como un xornal «político e comercial» e desde a aquela ofrécese como un mix de política e negocios. Negocio como empresa de comunicación e como axente de representación diante dos poderes públicos dos intereses dos seus socios estratéxicos. No mercado de favores e na representación diante das administracións públicas a Corporación Voz é un dos máis eficientes e agresivos brókers. Política como información e desinformación, como factoría de lexitimación e como principal think tank conservador de Galiza.
Santiago Rey interprétase a día de hoxe como un home providencial. Coa súa proverbial modestia deu cabo a «A voz da calle» con estas palabras:
Non podo, nin debo, nin quero, tirar a toalla. Seguirei facendo o mesmo que levo facendo toda a miña vida, tratar de elaborar hoxe o mellor xornal que xamais fixen, pero sabendo que mañá tentarei superalo.Superarase, de certo, cando entregue a toalla de La Voz de Galicia e renuncie a ser o seu director-presidente-editor e deixe facer aos profesionais de crédito que aínda sobrevivan aos seus caprichos e delirios de grandeza. Endexamais LVG atendeu mellor o seu cometido fundacional pero tampouco estivo máis arredado de ser «consciencia crítica do poder», nunca tanto foi o soporte mediático da crítica dos poderosos.
La Voz de Galicia é, efectivamente e como diría Lippmann, o único libro que, en Galiza, a xente le a diario e a teimosía de Rey non é outra que a de facer do seu xornal unha indiscutida «biblia democrática», canon do verdadeiro e do falso, do lexítimo e do espurio, do posíbel e do permitido, mandato imperativo para gobernantes e instrumento de submisión dos plebeos. De aí procede o mesianismo, a vontade redentora e a misión salvadora de don Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente-editor do xornal do Partido dos Poderosos.
Subscrever:
Mensagens (Atom)