
Dedico algunhas horas de sono a preparar unha charla sobre
o país de lagos e volcáns. Repaso informes, estatísticas e debrúzome no andel pinolero da miña desordenada biblioteca. Ábrese a memoria e sinto unha angustia pequena e un grande desexo de volver alí. Fago ilusorios planes por se a economía e as forzas me permitiran retornar ao
gran círculo de auga. Hai catro anos que non sei da súa dozura nin das súas xentes.
Sem comentários:
Enviar um comentário