
Semana de libros. Xuntanza cos
fabricantes de letras que queren nova fiestra virtual. Día do Libro e domingo con reportaxe especial sobre o mundo da edición no EPS. Reparo na galería de imaxes dos emerxentes editores do Estado e dou por feito que, grazas ás anteolleiras da
cultura oficializada, non atoparei o rostro de ningún paisano. Felizmente, estou errado. Poucas veces a tinta ten sabor doce. Hoxe sabe a azucre. Deitado nunha alfombra de libros aparece o noso creador de
Brétemas. Moi merecidamente.
Sem comentários:
Enviar um comentário