
Nun libro da miña infancia explicaban como os
esquimos cazan os
lobos árticos. Nunha bola de sebo metían unha folla de silex ou de aceiro cun gume moi afiado. Logo deitaban no xeo a bola de sebo. Cando o lobo daba con ela comezaba a lambetala; axiña a súa lingua atopaba o gume filoso. Aos poucos íanse producindo cativos cortes na lingua do animal que aleitado polo sabor do sebo e do propio sangue lambía máis afusquinadamente. Os cortes facíanse cada vez máis fondos e a hemorraxia cada vez maior. Finalmente, todo era cuestión de tempo: o animal finaba afogado no seu propio sangue. Uns máis que outros lamben no sebo sen notar a coitela e así nos imos derramando en desputas estúpidas por cousa dun
caudillismo mesiánico ou dun
poder enano e castrante.
Algún fai por non seguir lambendo.
1 comentário:
Xa me ten falado destes esquimós.
Pero volvo arrepiar.
Enviar um comentário