31/10/2008

O mundo de Sofía

As declaracións «confidenciais» coas que Pilar Urbano compaxinou La reina muy de cerca son o biocombustíbel dun incendio mediático finisemanal que contribuirá, de certo, a engordar os beneficios do editor e a facer, de paso, máis redondos os dereitos de autora da (in)oportuna e (in)exacta xornalista. Tócalle agora ao Samain ocuparse de arrefriar as convulsións mediáticas para restablecer o sentido de Estado na súa clásica manifestación como silencio de Estado.

Os retallos das opinións reais descúbrennos a Sofía de Grecia como unha avantaxada alumna da Escola de Partido da rúa Xénova e evidencian que á monarquía española hai tempo que se lle parou o reloxo da historia. Con todo, González Pons, deixando as cousas branco sobre negro, á parte de considerar a Raíña unha muller-bandeira, quixo subliñar que esas opinións son as dunha «muller de setenta anos católica». Efectivamente, son opinións retrogradas que a Raíña transmite en confianza a unha supernumeraria do Opus Dei de 68 anos. Opinións que se comparten por proximidade ideolóxica e xeracional.

O inmobilismo dinámico é a esencia da Casa Real e, en materia de avances sociais, Sofía de Borbón segue a doutrina da Raíña Vermella que atopou Alicia tras o espello: «Fai falta correr todo canto unha poida para permanecer no mesmo sitio.» O noso caos constitucional outorga a Monarquía un papel moderador e desa nobre misión equilibradora arredáronse en Santa Compaña Pilar e Sofía para espanto das nomemklaturas do bipartidismo benpensante.


O papel reservado é dar unha aparencia de modernidade coidando dunha cerna de pousado tradicionalismo segundo os canóns dunha monarquía parlamentaria de baixo perfil. O papel publicado por Pilar Urbano indica que no Pazo da Zarzuela reina soberana a monarquía católica, fórmula máxica de todo o pensamento reaccionario español.

As manifestacións son todas elas desgrazadas pero de escasos efectos prácticos por non ser (afortunadamente) case que ningún dos asuntos materia da súa competencia; agás, claro está, esa forma mol de eutanasia política que se chama abdicación. Sofia teno claro e Filipe de Borbón (por se non o tiña) xa o pode ter tamén: «A El-Rei só pode xubilalo a morte.»

Son as leis da bioloxía e non as da oportunidade política as que xestionan os relevos monárquicos dos Borbóns; as forzas da natureza gobernan o destino do reino. A mesma Sofía de Grecia é unha forza da natureza, da natureza máis reaccionaria da monarquía española.

2 comentários:

Calidonia disse...

E non lle parece que estamos asistindo a un relevo programado na Real Casa?

Poñamos por caso que conforme se achegan as próximas eleccións xerais Dona e Don van largando todo aquilo que non dicían até agora máis aló deses círculos franquistas, para desafogar de tantos anos de convivencia máis ou menos pacífica cos sociatas.

Digamos que así van contribuíndo a alimentar o discurso da dereita dura estatal até que chegado o Nadal de 2011 Don cédelle o trono e a troneira a Junior, que se estrea cun oportuno discurso de Noiteboa.

Política-ficción, nein?

Reformar Local disse...

empresa de reformas en madrid

precio y ofertas de reformas

empresa de reformas

reformar cocina en madrid

reformas

presupuesto reformas

reformar local comercial en madrid

reformar baño en madrid

reformar casa en madrid

reformar cocina

reformar baño

reformar casa

reformar local comercial

reformar piso en madrid

empresa de reformas

reformar piso en madrid