Estamos de paso e sen folla de ruta. Non pretendemos quedarnos.
26/11/2008
Contar (2)
Prácticas de storytelling. Un exemplo que nos ofrecen dous senlleiros dirixentes políticos: José Blanco e Pío García Escudero. Informa Luís Díez desde «El runrún» de Públicohoxe. Premios da Academia de Televisión, agradecementos e (auto)bombo polo debate bipartidista dos Grandes Homes na campaña do 9-M. O conto de don Pío: «O mandato dos xefes era que houbese debates.» O conto de don José: «O mandato era da xente.» É doado establecer quen é o Cego e quen é o Cego que non pode ver o comezo da primavera. Aínda que sexa máis próximo á verdade o que di o cego Pío que o que proclama o cego José.
Sem comentários:
Enviar um comentário