Estamos de paso e sen folla de ruta. Non pretendemos quedarnos.
05/11/2008
Obama, hope & change
Escribiu Mia Couto que a maior das pontes é a que permite o paso desde o desespero á esperanza. A esa grande arquitectura política dedicouse neste último ano Barack Obama. E demostrou que podía facerse. A súa rotunda vítoria electoral así o certifica. Hai moitas e moi boas análises que explican a revolución democrática que el personaliza. Os primeiros compases deste video, que espalla Calidonia, son unha excelente introdución á que, para a miña idea, é a razón máis relevante do seu éxito: a historia que contaba Obama era a mellor. Unha historia para un novo tempo. A mellor e a que unha gran maioría de estadounidenses querían volver escoitar desde hai moitotempo. Escoitar e darlle a forza e o poder necesario para que se faga realidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário