10/11/2008

Globalizar a amenaza

A ministra de Defensa Carmen Chacón declarou que os terroristas que atacaron aos militares en Afganistán «ameazan a liberdade e ameazan a seguridade de todos, tamén das nosas familias». Hai tempo o Consello Económico para a Defensa de Francia deu consigna a esta política: Non hai ameazas para as nosas fronteiras, pero tampouco hai fronteiras para as nosas ameazas.

Semellante teoría xustificativa vale para asegurar a presenza de tropas españolas en Afganistán pero tamén en Iraq ou alí onde nos reine o capricho xeoestratéxico.
Se a presenza das tropas é un indicador de amenazas, o resultado é cando menos choqueiro; actualmente hai tropas ou observadores militares do Estado español en Bosnia-Herzegovina, Kosovo, Libano, Afganistán, Chad-República Centro Africana e República Democrática do Congo.

A cartografía de ameazas non é xeopoliticamente moi congruente, pero tanto ten.
En termos de comunicación, a globalización da ameaza é unha eficaz estratexia para xustificar a presenza militar española polo mundo adiante e a ministra Chacón sabe que canto máis se xeneralice o imaxinario de inseguridade máis medrará o consenso ao redor da participación militar española en Afganistán.

A
comparativa de resultados das sondaxes realizadas polo Real Instituto Elcano en novembro de 2007 e en abril de 2008 ofrece un cambio radical de pareceres.

Hai un ano a sondaxe achegaba o seguinte balance: a presenza de tropas española en Afganistán é moi positiva (2,7%), positiva (44,2%), negativa (39,8), moi negativa (9,4%). Co envío de máis tropas a Afganistán están moi de acordo (2,8%), de acordo (19,3%), en desacordo (46,4%) e moi en desacordo (25%). Un 75% dos entrevistados estarían a favor da retirada das tropas de Afganistán se se producisen baixas en combate e un 17% en contra.

Na enquisa de abril a presenza militar é moi positiva para o 5,2%, positiva para o 58,3%, negativa para o 27,8% e moi negativa para o 3,3%. Un 3,6% cre que hai que aumentar as forzas, o 37,6% mantelas, un 15,5% disminuílas e agora só o 36,3% pensa en que hai que retiralas.


A
ultima sondaxe de Elcano procura novos argumentos de ameaza e inclúe unha rechamante pregunta: Cre que o cultivo de opio en Afganistán representa unha ameaza para España? O 52,6% dos entrevistados considérano unha ameaza, o 33% non, o 13,7% Non saben/Non contestan.

O medo é unha materia estratéxica para formatear novas conciencias. Estamos avisados polo mestre Bauman: «
Medo é o nome que damos á nosa incerteza: á nosa ignorancia con respecto á ameaza e ao que hai que facer -ao que pode e non pode facerse- para detela en seco, ou para combatela, se parala é algo que xa está máis aló do noso alcance.» Asusta que algo queda.

8 comentários:

Cesare disse...

Ás veces asústome a min mesmo, pero teño que facelo: vostede bordea ou xa definitivamente cruza a liña da demagoxia cando mete baixo o mesmo paraugas da "ameaza" o Líbano, o Congo e Afganistán. Non. Sabe perfectamente que non son os mesmos labores o que realizan os corpos da ONU no sur do Líbano que os que realizan as forzas de ocupación en Afganistán.

Tamén é un pouco demagóxico, ou máis ben oportunista, amosar a súa posición de crítica á presenza española (galega) en Afganistán cando hai dous cadáveres (ou un) enriba da mesa.

Ora ben, hai dúas solucións extremas: unha, que a ONU saia de Afganistán, peche a porta e guinde coa chave ao mar; a outra, que se invada o país como nos vellos tempos fixo, con pouco éxito, a CCCP. Entre medias existen varias solucións posíbeis, probablemente distintas da actual, pero que no 95% dos casos requirirán a presenza militar doutros países e potencias (sexa España ou as Filipinas).

Cal é a súa solución para Afganistán? Guindar a chave ao mar?

Cesare disse...

Bótelle un ollo: http://www.elpais.com/articulo/opinion/Afganistan/evitar/fracaso/elpepiopi/20081027elpepiopi_11/Tes

Ian disse...

Disculpe pero esta vez non. Se me quere zarandear por entender que fago demagoxía paréceme ben, pero me parece que se perdeu na lectura deste post e de paso xa hai mesmo unha sentida falta de consideración.

1/ Non falo a raíz da morte/asasinato de dous militares en Afganistán, escribo a partir das declaracións da Ministra de Defensa. Se non erro metín unha ligazón á paxina do MDE na que se recollen fielmente.

a) «Estamos en Afganistán porque los que han arrancado la vida de nuestros dos compañeros amenazan al pueblo afgano y también a todas las mujeres y hombres libres del mundo. Desean someternos a su terror. También a nuestras familias, a las familias españolas».

b) “Estamos en estas tierras para defender la paz y la seguridad de todos, también la de nuestros compatriotas. España, junto con unos cuarenta países de cuatro continentes, está en Afganistán porque desde aquí se fraguaron amenazas contra las vidas de miles de ciudadanos inocentes en todo el mundo; desde Casablanca hasta Nueva York; desde Londres hasta Bali; desde Estambul hasta Madrid”.

c) «Estamos en una misión que culminará cuando el pueblo afgano sea capaz de valerse por si mismo y de vivir en paz y en libertad».

Fixen unha reflexión a partir da primeira das afirmacións na que insiste na globalización da ameaza para xustificar a presenza militar que considero que é a mesma que levou á administración Bush a promover a intervención en Iraq que como sabe foi rotundamente contestada polo partido de Carmen Chacón.

Das outras dúas non tiven vagar. Segundo a estratexia de comunicación do PSOE o atentado do 11-M en Madrid foi causado pola nosa participación na guerra de Iraq, agora revisitamos a historia e sabemos que desde Afganistán se fraguaron toda a ondada de brutais atentados. Vostede sabe que non está demostrada tal conexión afgana; non hai centro único director das operacións terroristas en Madrid ou Londres (deixo fóra o 11-S), aínda que iso sexa difícil de manexar na propaganda de guerra. A cousa desgrazadamente é máis complexa.

A afirmación c) é só criticable polo que ten de paternalismo.

A min váleme ben con esta explicación para dar lexitimidade a presenza militar: «A presenza de ISAF en Afganistán está amparada por varias resolucións do Consello de Seguridade de Nacións Unidas (a última a 1707 de 12 de setembro de 2006) e a petición do propio Goberno afgán» A cita é da páxina web do MDE. As declaración da ministra son axitación e propaganda dunha doutrina da seguridade nacional que substancialmente é a mesma que a do Pentagono, eu prefiro con todas as súas limitacións a das Nacións Unidas.

A avaliación dos cometidos da ISAF é francamente negativa como evidencia o artigo que me recomenda de Francesc Vendrell. Para a miña idea, é a falta de vontade política para reconsiderar as estratexias desenvolvidas o que xustificaría a retirada das tropas, non ningunha outra consideración. Teñen un mandato de Nacións Unidas que non se está cumprindo en aspectos fundamentais. Cousa que por outra parte, é recorrente no caso doutras misións, véxase estes días o caso do Congo.

2/ «Bordea ou xa definitivamente cruza a liña da demagoxia cando mete baixo o mesmo paraugas da "ameaza" o Líbano, o Congo e Afganistán». Non bordeo nin chapoteo. Se non errei metín unha ligazón onde o MDE explica os cometidos das misións:
— Afganistán: «Las Naciones Unidas y la OTAN desempeñan un papel crucial en la reconstrucción del país apoyando a las instituciones locales, participando en la reconstrucción de infraestructuras y en la formación de la policía y el ejército afganos».
— Libano: «El objetivo de la misión es consolidar la paz en el sur de Líbano y en toda la región y ayudar al Gobierno libanés a extender su autoridad a todo el territorio, supervisar el cese de hostilidades y hacer posible las labores de carácter humanitario.»

No Congo non hai tropas, tan só observadores. Confiemos que observen ben o que está pasando na terceira guerra do Congo e se consiga evitar a cuarta guerra.

Pero en vez de xogar as dez coincidencias e as dez diferenzas, déalle unha lectura ao Barómetro do Real Instituto Elcano e vexamos como formula as preguntas sobre os cometidos da presenza no Libano e Afganistán. Dando a entender que os obxectivos son comúns sondease a opinión da xente para ver sa diferentes percepcións.

P10.1 De los anteriores objetivos, ¿cuál cree Vd. que son los principales de las misiones en ...?
Afganistán
Mantenimiento de la paz 33,3%
Estabilización 8,8%
Reconstrucción 10,2%
Ayuda humanitaria 31,8%
Observación 4,1%
NS/NC 11,9%

Líbano
Mantenimiento de la paz 31,8%
Estabilización 10,0%
Reconstrucción 8,0%
Ayuda humanitaria 27,4%
Observación 4,4%
NS/NC 18,4%

Hai algunhas diferenzas canto a enfase das misión, pero se consulta o resultado da pregunta sobre a continuidade /retirada/reforzamente de tropas en Libano ou Afganistán comprobará que o as diferenzas de perfil da misión non impide que os valores sexan moi parecidos. Ou sexa que de noite todas as misión son pardas.

3/ «Tamén é un pouco demagóxico, ou máis ben oportunista, amosar a súa posición de crítica á presenza española (galega) en Afganistán cando hai dous cadáveres (ou un) enriba da mesa.» Eu non comento tan sequera a perda de vidas humanas para non entrar no tráfico de razóns que se confundan con mortos. Actúo inducido por un contexto informativo. Nos medios e no debate político as misión do exército español só teñen atención se hai mortos... a axenda informativa faise se hai mortos, se non hai mortos non hai noticia nin debate. Eu non son unha axencia de noticias nin un medio de comunicación. Non me cargue con eses mortos, excede as miñas capacidades crear a axenda informativa.

Por certo, comigo non é necesario que monte semellante enleada sobre a condición galega (ou on dos mortos).

4/ Cal é a súa solución para Afganistán?

Que exista, entre outras cousas, unha opinión pública crítica sobre a falta de eficacia da misión da ISAF en Afganistán que obrigue aos gobernos a procurar unha nova estratexia. Vendrell apunta algunhas que non comparto, pero pode estar seguro que a globalización da ameaza non nos vai permitir mellorar nada o traballo da ISAF.

Nygard disse...

Amigo Cesare, un bo liberal non se debería deixar "engatusar" pola estratexia do medo...

Cesare disse...

Engatusar pola estratexia do medo? :)

Non. Non teño medo ao que poida pasar. O medo cúrase coa estatística, así que or aí non ían os tiros. Amólanme un pouco esas declaracións de políticos un tanto insensatos que, tocando (si, tamén eles) a freba do medo din: "que se veñan, que se veñan, que nos matan nos fillos".

Pero a nada que rañas (hehe, e alégrome de rañar) dpaso demostra por que o seu barco é o meu barco. Non, non estou a favor da retirada das tropas europeas de afganistán, anque o meu país perda moitos máis soldados có seu (de aí o xogo do 1 soldado ou 2 soldados). Pero estou 100% de acordo en que así non podemos seguir, e que hai que pensar de novo, moi seriamente, qué estamos a facer. E que quizais, logo desa reflexión e non logo dun par de telexornais, poidamos chegar a concluír que as tropas mellor no Líbano.

Cesare disse...

Con respecto a esta frase "Que exista, entre outras cousas, unha opinión pública crítica sobre a falta de eficacia da misión da ISAF en Afganistán que obrigue aos gobernos a procurar unha nova estratexia", claro, por suposto. Pero eu aínda non sentín (fóra do artigo de Vendrell e das apostilas de dpaso) a ninguén que criticase a eficacia, e non a presenza.

Ian disse...

Algunhas reflexións vai habendo: http://www.fride.org/publicacion/351/nuevas-maniobras-en-afganistan
www.intermonoxfam.org/UnidadesInformacion/anexos/9225/080327_afganistan_3.pdf -

Reformas Madrid disse...

empresa de reformas en madrid

precio y ofertas de reformas

empresa de reformas

reformar cocina en madrid

reformas

presupuesto reformas

reformar local comercial en madrid

reformar baño en madrid

reformar casa en madrid

reformar cocina

reformar baño

reformar casa

reformar local comercial

reformar piso en madrid

empresa de reformas

reformar piso en madrid