27/11/2008

Antropoloxía política

Neandertais ou Cromañóns? A pregunta de Juan Carrión Maroto abre unha reflexión sobre a evolución do marquetin que nos ofrece no «Suplemento Pymes» de Público. A metáfora antropolóxica permítelle establecer unha taxonomía dual: hai empresas neandertais e empresas cromañóns. A paleoantropoloxía dinos que os cromañóns dispoñían dunha serie de habilidades diferenciais respecto dos neandertais. Resume Carrión: capacidade de futurizar, de aprender, de cambiar, de comunicarse, de colaborar...

A partir dunha constatación histórica («Non sobreviviron os máis fortes, nin os teoricamente máis intelixentes, senón os que mellor se adaptaron aos cambios e os que crearon condutas máis intelixentes»), proxecta as características dos cromañón ao mundo da empresa para identificar como especie gañadora ás empresas cromañonas por serem máis flexíbeis, máis rápidas, máis áxiles, máis innovadoras, máis humanas e por ter unha maior capacidade de aprendizaxe.

Tamén na política

A metáfora foi fabulada exitosamente por Horacio Andrade e pode ser trasposta sen grandes escordaduras intelectuais aos partidos políticos. Andrade construíu dous tipos ideais que farían palidecer de envexa ao mestre Max Weber.

Así, o formateado neandertal caracterízase por:

1. Estrutura pesada
2. Reactiva (orientada ao presente)
3. Ríxida
4. Incapaz de aprender
5. Incapaz de adaptarse a condicións cambiantes
6. Incapaz de moverse cando é necesario
7. Resposta lenta
8. Tecnoloxía primitiva
9. Aversión ao risco
10. Ve á contorna como unha ameaza.
Pola contra, o formateado cromañón ofrece esta fasquía:
1. Estrutura lixeira
2. Proactiva (orientada ao futuro)
3. Flexíbel
4. Gran capacidade de aprendizaxe
5. Gran capacidade de adaptación
6. Gran mobilidade
7. Resposta rápida
8. Tecnoloxía adecuada á situación
9. Disposición a asumir riscos
10. Ve á contorna como unha oportunidade.
Certamente existen partidos cromañóns e partidos neandertais, pero tamén partidos nos que coexisten en precario equilibrio evolutivo as dúas especies. Actualmente o Partido Popular ofrecésenos como un sumatorio antropolóxico-político de cromañóns e neandertais en coexistencia nada pacífica. Hai tipos ideais neandertalenses como Acebes (en retiro), Pujalte, Esperanza Aguirre e, como non, José María Aznar. E hai idealizados cromañóns como Pons ou Gallardón.

A historia evolutiva da especie humana saldouse coa superioridade dos cromañóns, pero esa non ten porque ser necesariamente a historia do Partido Popular. É máis, a propia existencia de Aznar é unha aterradora refutación das teorías evolucionistas e un mal anunciou de que unha parte da especie está en dramática regresión. O planeta dos simios máis que unha ficción ou unha metáfora para as soberbias reflexións de Manuel Vázquez Montalbán, é hoxe o horizonte intelectual do xenio que dirixe a FAES.



Alén da tentación caníbal que anima o debate no Partido Popular, hai que deterse a reflexionar sobre as vantaxes competitivas dos cromañóns. Na esquerda e na dereita, aquí e acolá.

As ofertas para a política 2.0 han ofrecer estruturas lixeiras e de participación aberta, han ter vontade anticipatoria, deben fundarse no coñecemento e na avaliación das políticas propias, serán inclusivas e integradoras, deben ser propositivas e cómprelles responder axilmente ás necesidades emerxente ao tempo que crean novas necesidades; a súa aposta é a mobilización de persoas e ideas, apoiándose na rede e nas novas tecnoloxías, e toca asumir as decisións, as súas consecuencias e os riscos e enfrontar os problemas e desafíos como oportunidades e non como amedrentadoras ameazas.

3 comentários:

Cesare disse...

moi ben, :)
o do PP xa o tiñamos claro... :) pero, siga, siga...

Anónimo disse...

Sí certamente sería moi interesante seguir o comentario co resto das forzas políticas galegas, especialmente o BNG. Sobre todo á luz do acontecido o pasado día 23 de decembro na asemblea comarcal da Coruña na que se debían aportar nomes para a lista desta provincia nas vindeira eleccións galegas.
Os/as amigos/as da UPG, empeñados no seu particular pulso por demostrar quen a ten mais longa (perdoen pola expresión), pasaron olímpicamente dos estatutos do BNG e de toda forma de democracia (fose esta burguesa ou popular) facendo caso omiso da solicitude de votación secreta e en urna (logo falaremos do voto emigrante).
Testemuñas de excepción, e co-participes de tamaña lección de democracia por parte da señora Silvia Seixas, os ilustrísimos: Francisco Jorquera, Alberte Ansede, Carlos Aymerich, Pablo González Mariñas e moitos mais cargos orgánicos e institucionais que, por non amolar mais, non vou a enumerar. Destacar iso sí o exemplo de honestidade de quen eu, preso dos meus prexuicios menos esperaba: X.Antón Pérez Lema, tivo a decencia de levantarse e non participar desta pantomima ao igual que moitos/as compañeiros/as que xa vamos indo un pouco fartos de cacicadas.

Empresa de Reformas Madrid disse...

empresa de reformas en madrid

precio y ofertas de reformas

empresa de reformas

reformar cocina en madrid

reformas

presupuesto reformas

reformar local comercial en madrid

reformar baño en madrid

reformar casa en madrid

reformar cocina

reformar baño

reformar casa

reformar local comercial

reformar piso en madrid

empresa de reformas

reformar piso en madrid