02/05/2005

As listas grises da UPG

A executiva do BNG adiantou as súas candidaturas electorais. Tras un ilusionante inicio, ven a esmagadora evidencia de que as listas serán renovadas pero non renovadoras. O cupo da UPG cúbrese ao seu gosto e medida e vai resultar moi difícil borrar a imaxe de Quin como un lider entregado aos caprichos, poderes e controis da todopoderosa U. As listas resultan grotescas polo que teñen de repartición de poderes domésticos e o seu debil atume coa sociedade máis dinámica e as súas forzas máis comprometidas. Enfeblecido polas críticas de Beiras, Quintana inclínase ante a Realpolitk de sempre e a renovación efectiva e prometida das listas e os seus procedementos de confección é un espellismo baleiro de concreción. Quintana non é o único responsábel de semellante desencanto, pero a el vai tocarlle ser o seu xestor. As listaxes son dunha pobreza insólita, un pozo do que non pouca ilusión se vai poder tirar. Cada vez atopo máis desengañados (e eu estou máis desganado). Houbo un tempo no que lle tiña máis confianza á organización que aos inquéritos; agora é todo o contrario, o único que levanta o ánimo é constatar como, a pesar de que se están facendo as cousas maiormente mal, se mantén a fidelidade electoral do persoal. A desconfianza do PSOE e o rexeitamento do PP aínda poden máis. O grande inimigo é o desencanto e o seu correlato electoral: a derrotada abstención. Por min non ha de quedar.

4 comentários:

Fran Alonso disse...

Ian, colega, emborrachémonos. O único futuro é a pescada de Marín. CABRAFANADO.

Ian disse...

Vou montar unha asociación de autoaxuda chamada «Co BNG (a pesar do BNG)». Se falla a idea, en que bar quedamos?

Nygard disse...

Renova os ánimos, e o último post por favor.

Son os vimbios que temos, non hai outros... polo de agora. Pensemos que aínda así se pode facer un bo cesto.

Ian disse...

Non irmanciño Nygard, non, non son os únicos vimbios que había, son os que libremente quixeron escoller. Había outros e outra orde dos vimbios. De todos modos é máis facil renovar o post que o BNG. Fareino canto teña unha tregua. Prometido