
A fin de semana aniñou ducias de iniciativas cívicas: convencións electorais, entrega de Pedróns, estreas reivindicativas e lúdicas. Loitar polo evidente é case que sempre desanimante. Na mañá do domingo, na Coruña, tratábase de pedir o apoio para que o Senado lle dea o visto bo a reforma do Código Civil que recoñece os mesmos dereitos aos heteros que aos homosexuais. A
voda congregou pouco máis dun centenar de invitados. «Que fráxil parece todo cando algo nace...» escribiu o poeta
George Trakl. Canta razón levaba. Menos mal que hai
algúns que non son moi fáciles de desanimar. Por iso algún día serán tantos coma na fotografía.
3 comentários:
Todos os comezos son duros. Que llelo digan, se non, ás primeiras sufraxistas. A de gargalladas que provocaron e o que se deben estar rindo elas agora (de ledicia, claro).
Certo, é moi certo, os animadores da voda coruñesa son os/as novos sufraxistas do século XXI.
Enviar um comentário