
O
Popular Party ten unha idea clarísima do que lle interesa a cadaquén. Aos nosos paisanos rurais,
empanada; aos
medios de comunicación,
subvencións; aos
funcionarios,
cartiños frescos no peto. A eles o
Poder Absoluto. Ninguén mellor que os xerarcas populares para saber que administración galega e os seus recursos son un
botín que hai que repartir entre os propios e os próximos. Cadaquén ten que recibir o seu quiñón para afianzar as lealdades caninas e garantir a continuidade do PP no (des)Goberno galego. A nova política é o racionalismo, a repartición dos bens públicos so a forma de racións, e a conversión das contratacións nunha arrepañota que sempre lle cae aos mesmos. Os
capos conservadores fixeron da corrupción e a repartición clientelar dos recursos autonómicos a versión galega do Welfare State: a Administración Ración. Para os propios, o lote maior dos bens, contratos e empregos públicos (ben se sabe que quen parte e reparte leva a mellor parte) e para os próximos racións de empanada (ou pizzas para os máis novos), axudas discrecionais e oportunistas subas salariais.
Gimme tha power que algo che tocará.
Sem comentários:
Enviar um comentário