
Abaneado polas noticias que chegan de Luisiana vou ao andel para recuperar a achega de Christoph Beier e Thomas E. Downing
Xeografía e axuda humanitaria. Nas súas páxinas pode lerse unha manchea de políticas evidentes ás que os gobernos permanecen maiormente xordos: «Os perigos naturais son o resultado dunha conxunción de sucesos xeofísicos e da vulnerabilidade socioeconómica, Os perigos xeofísicos son parte integrante do emprego que se fai dos recursos naturais, mentres que as interpretacións da vulnerabilidade reflicten a ecoloxía política do uso que se fai dos recursos naturais. A redución dos custes que supón unha catrástrofe require da realización de esforzos conxuntos para reducir a vulnerabilidade. Non existe remedio ou axuda de emerxencia que poda substituír a implantación de medidas sólidas de desenvolvemento ou afortalamento das estruturas sociais, económicas e políticas das comunidades locais vulnerábeis.» Estas son as políticas autenticamente «preventivas» que os
Grandes nunca están dispostos a executar. O humor máis negro adaptou un vello chiste ás malfadadas novas circuntancias. Que diferencia un
desastre dunha
catástrofe? Un desastre é o que pasou en Nova Orleans. Unha catástrofe é que esa boa xente dependan da eficacia e intelixencia de
George Bush para sobrevivir.
Sem comentários:
Enviar um comentário