07/09/2005

Pouquedades

Leo no 100 de Tempos Novos (Parabéns) un artigo de outro Lois Rodríguez (Andrade) no que me descubre (se descubre) a nosa pouquedade. Escribe: «Menor presenza teñen en Galicia en comparanza con España, o fenómeno dos weblogs (...). Que eu saiba, hai unha feble presenza do galego nestes sectores e ate esta data non agromaron na creación de redes sociais.» Vese que ao outro Lois Rodríguez o blogmillo parécelle ben cativo na parcelaria española e mundial. Á luz dos números de Sonia, posibelmente somos pouca cousa, somos ninguén.

6 comentários:

Sônia disse...

Ian, não concordo com a "pouquedade". A Galícia tem uma presença significativa na blogosfera. Blogs de grande qualidade.Abraço grande aos amigos blogueiros de Galícia. Sônia, a professora brasileira.

Nygard disse...

Eu tampouco concordo en absoluto con esa opinión (que espero ler completa). Non se pode valorar a importancia deste fenómeno na cultura (e na "innovación") galega sen relativizar o uso que ten a nosa lingua no país ou o uso de internet e das TIC en GZ, (e tampouco sen relativizar o peso do noso país no mundo).

Non teño dados sobre os blogs galegos desagregados pola lingua que se utiliza. Sen embargo a impresión é que neste novo medio de expresión no noso país a nosa lingua ten ben máis peso que en moitos outros (ámbito académico, profisional, empresarial, etc, etc).

A verdade é que eu realizaría unha valoración absolutamente optimista. É este un medio onde a nosa cultura se está a expresar cada vez con máis forza e -dada a súa natureza- unha das poucas garantías de que a mesma permaneza (e evolucione) 1000 primaveras máis.

Ian disse...

Querida Sonia, desculpe, o da pouquedade é maiormente unha ironía. A miña opinión é, basicamente, a de Nygard e, de feito, posteei sobre o tema porque aprecio na valoración de Lois Rodríguez Andrade un relativo descoñecemento do espazo que ocupamos na blogesfera.

Sônia disse...

Bem, talvez eu não tenha percebido sutilezas da mensagem. Não domino a língua por completo e peço desculpas. Vou tentar aprender mais, pois estou fazendo bons amigos na Galícia. Amigos blogueiros. Abraço grande, Sônia.
www.lousadigital.blogspot.com

Ian disse...

Sonia, non hai de que desculparse. É un pracer lela. Aquí na Galiza hai unha tendencia acusada a minguar a importancia do que nos é propio. O Lois Rodríguez, desgrazadamente, escribiu nesa clave. Ben é que alguén veña de tan lonxe coma vostede para abrirlle os ollos aos propios deste noso pais. Obrigado.

Brétemas disse...

Lois Rodríguez Andrade, a pesar de presentarse no magnífico número de "Tempos"como "Experto na Sociedade da Información", amosa descoñecer no seu artigo unha realidade moi vizosa, tanto cualitativa como cuantitativamente, como é a da comunidade do noso blogmillo. Mágoa! Repítese o prexuízo tan estendido de galegos que desprezan a construción do seu futuro. Onde poñen o seu centro e a súa periferia?