10/10/2008

Previsións & predicións

O FMI estima que España estará en recesión durante 2009 e, segundo o xefe de análise Jorg Decressin, en 2010 principiará «un pequeno avance, e será gradual». Despois do diovivo que leva caendo, desde o comezo da crise-que-non-existía para os máis espertos expertos analistas económicos, calquera se fía. Recobra así todo o seu sarcástico valor a sentenza do presidente Barlett que repite a Leo McGarry, xefe do gabinete do Presidente, no primeiro episodio de A ala oeste da Casabranca: «Os economistas viñeron ao mundo para que os astrólogos non quedasen en mal lugar».

2 comentários:

cneirac disse...

A serio coida que os que gobernan a economía mundial son economistas?

A Economía Política hai tempo que non está presente na Política Económica.

Ten razón. Quizá haxa que redefinir que se entende por Economista.

Anónimo disse...

O mais surpreendente nesta situaçom é ver como umha medida que nengumh esquerdista nos seus sonhos mais selvagens ousava propor num programa eleitoral se está a converter na soluçom dos problemas actuais: a nacionalizaçom da Banca. Fd-s, pá!

A.C.