28/04/2009

Por terra, mar e aire

Nun recompilatorio de ignorancias e saídas enxeñosas de alumnos portugueses rexistraban esta pregunta: «Como chegou a peste negra a Portugal en 1348?» e súa espelida resposta: «Por terra, mar e aire.» Respecto da gripe porcina, a Organización Mundial da Saúde ofrece respostas igualmente vagas pero menos ocorrentes. Na procura de explicacións centos de milleiros de internautas fixeron ferver a rede. Para rematar un día, que non debería ter constado no almanaque, dos montes e moreas de arquivos dispoñíbeis escollo dúas pezas: a provocadora columna «Ya sólo falta el meteorito» de Isaac Rosa, en Público, e «La gripe porcina y el monstruoso poder de la gran industria pecuaria», un artigo de Mike Davis aparecido en The Guardian e que está facendo rular entre nós a revista Sin Permiso. A primeira permite rebaixar, con agudeza, os tons apocalípticos e milenaristas de moitas das informacións coas que nos atordoamos. A segunda ofrece, como pouco, unha explicación do fracaso da estratexia de constrainsurxencia viral impulsada pola OMS e unha denuncia do poder incontrolado dos grandes conglomerados empresariais avícolas e gandeiros.

2 comentários:

arume dos piñeiros disse...

Recoméndolle o libro de Rosa: así se explica o seu artigo.

Ian disse...

Arume: asaltada a libraría, comezo a lectura dos medos de Sara e Carlos. Grazas mil pola recomendación.