01/04/2009

Estrea parlamentaria

Humor: O de Tuco Cerviño que con só 65 anos presidiu a mesa de idade. Elegancia: Pilar Rojo é Presidenta co voto dos seus e as luvas brancas dos demais. (Im)posto: concreción da política de paz por postos, Baltar Jr. empoleirase na Vicepresidencia do Parlamento. Acomodos: Varela e Quintana incorpóranse á Mesa como vicepresidente segundo e como vicesecretario. Lixo: La Voz de Galicia teima en que Quintana terá sobresoldo, chofer e coche oficial, nada di dos demais membros da Mesa. Imparidade: catro homes e unha presidenta. Inevitábel: A apelación presidencial ao consenso. 75 – 1: Ausencia por enfermidade do deputado socialista Modesto Posse, desexo de rápida melloría. Lapsus: A Presidenta fala de himno nacional galego. Chanza: Aymerich felicítase de que Rojo se referise implicitamente a Galiza como unha nación. Rectificación: Rojo retruca que a denominación oficial é «Himno Galego» e lamenta a manipulación do seu lapsus por parte do voceiro do BNG. Intencións: oposición seria, rigorosa, firme e construtiva e política de brazos abertos na banda gobernamental. Morbo: o saúdo entre o Presidente que sae e quen lle vai suceder. Recordatorio: a calidade da democracia, segundo Gianfranco Pasquino, é o sumatorio da calidade do goberno e da calidade da oposición.

Sem comentários: