
Hai uns días na «Contra» de La Vanguardia, Howard Davis, o director da London School of Economics, manifestaba: «A percepción de desigualdade fainos infelices –sobre todo se somos nós os que temos menos– e máis aínda se percibimos esa desigualdade como o resultado dunha retribución inxusta do talento e o esforzo.»
Quizais os analistas de expansion.com deberían relacionar a recuada electoral do PSOE con algún indicador de (in)felicidade. Seguro que todo se explicaría mellor, especialmente se aceptamos a definición de felicidade que fixo o estoico Epíteto de Frixia: «A felicidade depende de tres cousas: a vontade, as ideas respecto dos acontecementos nos que estás envolvido e o uso que fagas desas ideas.»
A vontade política (ou a súa falta), o (des)acerto das ideas sobre o que nos acontece e o bo ou mal uso das nosas ideas respecto do mundo, de certo, explican todo infeliz resultado electoral moito mellor que calquera comunicado oficial. Ou quizais non sirvan tampouco, e nin así poidamos dar conta das razóns últimas que latexan nos itinerarios políticos que Cesare resumiu nos seus aforrismos.
2 comentários:
A relación da caída do bloque e o abstencionismo do sector máis conscientemente socialdemócrata do electorado galego sen dúbida e como sabe está en clara relación co mileurismo e o crecemento das desigualdades en termos de renda.
Os números fican como exercicio para tempos onde a lírica volva ter prestixio e recoñecemento.
As emocións son un factor fundamental na política, especialmente nos movementos nacionalistas, tan acostumados a furgar no sentimento da cidadanía.
Si algo quedou manifestaente claro o 7-X e que na base social do nacionalismo aniña un gran resentimento cara a dirección da formación nacionalista.
Quen sabe si os resultados do domingo brindaron úns intres de felicidade efimera a algúns nacionalistas.
Enviar um comentário