Ninguén entende xa nada e, hoxe por hoxe, Feijóo é unha enigmática caixa negra con entradas (espectaculares) e saídas (estrepitosas), pero absolutamente opaco no que lle toca ás súas razóns ou caprichos do seu comportamento político. Abono de desconcertos que resume un diálogo entre Brando-Kurtz e Sheen-Willard en Apocalypse Now:
—Kurtz: ¿Acaso vostede non aproba os meus métodos capitán?É mellor que nos vaiamos afacendo a unha política presidencial de personalidade múltiple. Talvez a culpa non sexa de Núñez Feijóo senón de Nicolás Maquiavelo. O florentino cifraba o éxito do bo gobernante en non desesperar aos poderosos nin desencantar ao pobo. O estrabismo decisional de Feijóo débese de certo ao seu conmovedor desexo de esperanzar aos poderosos e encantar aos plebeos. De aí que as súas decisións abaneen na procura dun virtuoso punto medio no que non conseguen deterse nin tan sequera un segundo. Un pesadelo que comeza a ter a mesma figuración que os peores soños de Kurtz:
—Willard: Realmente non vexo o método señor.
Vin un caracol, deslizábase polo gume dunha navalla, ese é o meu soño, máis ben o meu pesadelo, arrastrarme, deslizarme por todo o gume dunha navalla de afeitar, e sobrevivir.
1 comentário:
Aprezo moito o seu constante citar a Machiavelli. Unha lectura de Il principe tería que ser obrigatoria. Para todo quisque.
Enviar um comentário