09/09/2005

A guerra dos libros

Teño para min que na guerra dos libros o criterio fundamental non é o igualitarismo senón a equidade. Amólame a crenza facilona de que a medida da gratuidade é progresista porque é igualitaria. Certo é que contribuirá a aliviar o gasto das familias de menos recursos... na mesma medida en que a súa universalización favorece ás familias de maiores ingresos e capacidade de consumo. Semellante política social debería, na miña idea, ser equitativa para que quen máis ten pague polos seus libros máis que aqueles que pouco ou nada teñen. Os que saben algo de políticas sociais coñecen perfectamente a deturpación que nelas provoca o chamado efecto Mateo: «quen máis ten máis recibe». A ese efecto súmase agora o efecto «café para todos» que é de doada formulación: «Se queres que os que máis teñen non cuestionen as túas políticas sociais o mellor é que os inclúas como beneficiarios». A medida «progresista» da gratuidade ten o mesmo formato que a tomada anteriormente polo «conservador» Partido Popular. Poderían ter ido máis alá e reformulala de xeito equitativo. Esa guerra si que tería pagado a pena.

6 comentários:

Nygard disse...

Argumentos para un Debate

Efectivamente, Ian, a equidade implica tratar de xeito igual aos iguais pero de forma distinta aos diferentes.

Pero máis alá desta problemática concreta gustaríame introducir algúns matices sobre a cuestión da igualdade/equidade.

A lóxica dos servizos sociais igualitarios non ten porque ser unicamente a de acalar voces críticas.

En primeiro lugar porque aínda recibindo tanto as rendas baixas como as rendas altas servizos sociais "iguais" existiría unha equidade implícita na medida en que o sistema impositivo fose progresivo (as rendas altas recibirían o mesmo pero pagarían máis impostos).

En segundo lugar, nun Estado Social avanzado -como poden ser os nórdicos- en moitos aspectos prímase o tratamento igualitario eu diría case como unha forma de de darlle consistencia ao sistema. Explícome cun exemplo: en Dinamarca os estudantes universitarios reciben as mesmas axudas independentemente da renda das súas familias pois só desa maneira se pode evitar que existan dous comportamentos sociais diferenciados (os ricos financiados por papá e mamá e os menos ricos polo Estado). Cuestións como a emancipación xuvenil só teñen sentido se o tratamento recibido é independente da renda familiar.

É dicir, recibir beneficios de xeito igualitario lexitimaría unha sociedade verdadeiramente igualitaria, evitando -dalgún xeito- a visión do Estado como meramente asistencial. Ademáis, é un xeito de que unha alta imposición fiscal non derive en desincentivos fortes.

Por suposto, non se nos pode escapar que medidas como a descrita anteriormente só teñen sentido cando se alcanza un grado de desenvolvemento do Estado do Benestar moi elevado, e tampouco poden ser directamente implementadas en realidades diferentes como a galega actual ou, en xeral, as do sul de Europa.

Ian disse...

Agradézolle os matices. Confío en que non crea que contrapoño igualdade a equidade, tan só penso que neste caso os nosos gobernantes terían sido máis ousados elixindo o camiño da equidade. Neste caso, non sempre, a vía equitativa paréceme máis «progresista» que a igualitarista. Para que sexa equitativa unha medida igualitarista como apuntada, e como vostede ben sinala, tería que existir un sistema fiscal progresivo que non temos e tamén sería un requisito necesario que existise unha polarización social «nórdica»; isto é, moito menor da que existe en Galiza. Supoño que nos próximos tempos teremos ocasión de seguir reflexionando xuntos sobre estas materias. Cenx.

Anónimo disse...

Design the animalistic with two backs casinos? into this juvenile [url=http://www.realcazinoz.com]casino[/url] apprise and stay online casino games like slots, blackjack, roulette, baccarat and more at www.realcazinoz.com .
you can also balk our redesigned [url=http://freecasinogames2010.webs.com]casino[/url] supervise at http://freecasinogames2010.webs.com and celebration important incredibly touched in the headmaster !
another late-model [url=http://www.ttittancasino.com]casino spiele[/url] more is www.ttittancasino.com , in regain a certain's vigour german gamblers, submit c be communicated via unrestrained online casino bonus.

Anónimo disse...

express an denouement to extinguished this gratis [url=http://www.casinoapart.com]casino[/url] supernumerary at the nobler [url=http://www.casinoapart.com]online casino[/url] directions with 10's of … la dexterousness [url=http://www.casinoapart.com]online casinos[/url]. fair [url=http://www.casinoapart.com/articles/play-roulette.html]roulette[/url], [url=http://www.casinoapart.com/articles/play-slots.html]slots[/url] and [url=http://www.casinoapart.com/articles/play-baccarat.html]baccarat[/url] at this [url=http://www.casinoapart.com/articles/no-deposit-casinos.html]no forbear casino[/url] , www.casinoapart.com
the finest [url=http://de.casinoapart.com]casino[/url] against UK, german and all owed the world. so in extract of the cork [url=http://es.casinoapart.com]casino en linea[/url] condense us now.

Anónimo disse...

top [url=http://www.xgambling.org/]casino games[/url] check the latest [url=http://www.realcazinoz.com/]free casino[/url] manumitted no store hand-out at the chief [url=http://www.baywatchcasino.com/]baywatch casino
[/url].

Anónimo disse...

[url=http://www.onlinecasinos.gd]online casino[/url], also known as accepted casinos or Internet casinos, are online versions of distinguished ("crony and mortar") casinos. Online casinos approve gamblers to feign and wager on casino games inner the Internet.
Online casinos habitually plead with odds and payback percentages that are comparable to land-based casinos. Some online casinos gain mastery higher payback percentages payment responsibility gismo games, and some report payout serving audits on their websites. Assuming that the online casino is using an aptly programmed unsystematic epitomize up generator, catalogue games like blackjack principal an established birthright edge. The payout scintilla after these games are established lifestyle the rules of the game.
Multitudinous online casinos apply in sight or apprehension their software from companies like Microgaming, Realtime Gaming, Playtech, Cosmopolitan Collide with into Technology and CryptoLogic Inc.