Fabián Bosoer: Como abordaría entón vostede o estudo da calidade da democracia?
Adam Przeworski: O primeiro que consideraría é o ingreso do diñeiro na política. Isto é o que diferencia realmente ás democracias. A democracia é un sistema universalista, unha sorte de xogo con regras abstractas universalistas. Pero os recursos que os distintos grupos achegan a este sistema son distintos. Agora ben (adoito dar sempre este exemplo), imaxine un partido de básquet que se xogue entre xente de dousmetros de altura e outros cativos coma min, que medimos pouco máis que unmetroemedio. O resultado é claro: por máis que se respecten e apliquen as regras de xogo establecidas, estamos xogando partidos en condicións moi desiguais, entre xente que pode gastar moito diñeiro e outra que non [...] Calidade democrática é evitar que o diñeiro controle a política.
Agora que encaramos os minutos de lixo do partido, a penas se hai tempo para facer unha constatación melancólica: canto máis atractivo sería o xogo político democrático en réxime de P2P.
Sem comentários:
Enviar um comentário