15/11/2008
Sempre na proa
Retruque de Castelao sobre a necesidade dunha política centrista. Pode lerse nos seus Cadernos (1938-1948). «Salvador de Madariaga para defender a política de centro, contra dos estremistas da dereita e da esquerda, dicía que a política de centro era comparábel coa quilla dos barcos, entre babor e estribor. Esqueceuse Madariaga de que o centro do barco non está entre babor e estribor, senón entre a proa e a popa. E nós non queremos ser a popa...»
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Lakoff tamén rexeita que exista o centrismo político, o cal non impide que no seu país (e cada vez máis en todas partes) calle o que eu chamaría "a metáfora náutica do catamarán" para describir o panorama político: dúas proas aparentemente diferentes que navegan na mesma dirección.
Tomo nota da metáfora náutica do catamarán; pero os que quitaron o título de PER (Patrón de Embarcacións Recreativas) van dicirnos que o importante é o temón e que con dúas ou con unha proa, o catamarán ten un único temoeiro. Se repara ben na formacións política da nosa contorna, a existencia de dúas proas é escasa, o modelo máis afianzado foi o PNV que sempre repartiu xogo entre o lehendakari e o seu presidente, todos os demais, unha proa e un temoeiro ou nin proa nin temoeiros que habelos hailos (vexase actualmente IU).
Tamén estaba a metáfora do U onde se ilustraría que os extremos se tocan e no que o centro, o grande saco (de votos) no fondo do U, aparecería equidistante de ámbolos dous vértices. O caso do U podería representar a certo centrismo tendente a adoptar rasgos identitarios superficiais do contrario (Ex. Gallardón no PP, Bono no PSOE); o caso do catamarán bipartidista tensaría ao máximo a distancia entre as dúas proas no ámbito do superficial-identitario- cultural mantendo, iso si, unha identidade de rumo no que toca ás políticas económicas (Ex. ZP vs. Aznar e os seus alteregos Rato vs. Solbes)
Enviar um comentário