20/04/2009

Modos de ver

Difunde Calidonia unha infografía coa que Manuel Rivas clasifica diferentes olladas poéticas. Reparo que eses dous enfoques valen tamén para toda organización estea a busca de nova estratexia política e de novos ollares do mundo nas que quere facelas efectivas. Á parte de cegueiras notábeis, nas asembleas da fin de semana amosouse tamén, con abondoso contraste, o diferente modo de ver das águias e das arceas. Había unha única especie de águia e unha extensa pluralidade nas bandadas das arceas. O resultado, con todo, non desvelou de vez se hai máis águias ou máis arceas no niño do nacionalismo galego. Teño para min que ao BNG, máis agora na súa condición de presa, faríalle moito máis ben un amplo acordo entre as arceas.

5 comentários:

quico disse...

Moi gráfica e bonita a similitude. Tamén estaría ben que as diversas variedades de arceas escribiran máis, e explicitaran as súas análises e propostas para potenciar a dialéctica interna. Significaría unha clarificación de posturas, coas súas vantaxes e inconvintes, pero creo que é necesario para que xurda un novo BNG ilusionante, con bastante máis de 8.000 afiliados.

cneirac disse...

Se coincidiran o campo de cegueira duns co de visión doutros aínda se podía ir facendo algo. Máis como non son complementarios senón superpostos penso que poderíamos prescindir do máis pequeno. Dillo un que é de pantalla pequena e alta resolución.

Nygard disse...

O problema, ao meu ver, é que algunhas arceas -en particular a arcea maior desas algunhas- están noutro mundo, de tan altermundistas que son.

xOsse dorrío disse...

Moi oficialista éste último comentario, si señor! Lémbrame a aqueles outros documentos saidos primeiro do portavoz nacional e logo do Consello Nacional no que se refería nun ton despectivo a sectores ultraminoritarios, os mesmos que, sempre unidos, conformaron a bagaxe electoral do BNG.

Pero a súa soberbia non remata ahí. Naquel primeiro análise da derrota electoral xa se falaba da vulnerabilidade ideolóxica das nosas bases, afirmación duramente criticada nas asembleas que, sen embargo, non foi retirado do documento político que se debaterá o día 10 de maio.

Destas afirmacións o que chega a base do nacionalismo é que os dirixentes actuais do BNG somos parvos, eu o primeiro, e deixamonos enganar pola manipulación dos medios de comunicación (RTVG incluida).

Ian disse...

Aquí poden derramarse como queiran as opinións, así que, amigo xOssedorrío, se asañe moito co meu paisano Nygard. Hai blog oficiosos e oficiais dalgunhas correntes da casa que gastan tinta canta queren animando o cainismo cando non directamente a infamia. Burocrátas e aferrados á poltrona son expresións das que se fai uso de modo bastante pouco amábel para cualificar ao que se tilda pouco amabelmente como oficialismo. Xa sei que non é contra as persoas senón contra os personaxes. Coidémonos das pallas e esquivemos todos as trabes. Non gastamos moito en finezza nin nas formas nin nas ideas, e aí nos vai. Procuremos non facernos demasiado sangue. Saúde