
Hai 21 anos des que
Michael Ignatieff escribiu
A necesidade de estraños, libro no que reflexiona sobre o vencello que unha boa parte da Humanidade ten respecto de persoas estrañas, alleas e foráneas, das que dependen para poder sobrevivir. As ONGD son un instrumento do que se valen persoas estrañas para achegar condicións de benestar e sobrevivencia aos cidadáns
inexistentes dos países empobrecidos do Sur.
Noutra parte, Ignatieff moe no mesmo gran e anota: «Se queren sobrevivir non teñen máis remedio que depositar a súa esperanza na máis terríbel relación de dependencia: a caridade de persoas descoñecidas.» Hai uns días a
Coordinadora Estatal de ONG de Desenvolvemento daba a coñecer o
Informe Percepción social de las ONG. Así nos ven que achega moita luz sobre a consideración que a cidadanía ten da cooperación internacional e das organizacións da solidariedade non gobernamental. Conmove decatarse do grao de descoñecemento que as persoas consultadas teñen sobre as ONGD (máis dun terzo non atinan a dar o nome de ningunha delas), ou sobre os (moderados) esforzos que os gobernantes fan por dotar dos fondos necesarios ás políticas de axuda e desenvolvemento (moitos cren que o Goberno español achega xa o 0,7% dos seus orzamento a axuda oficial ao desenvolvento). Moito máis abraia, se temos en conta o impacto producido no seu día pola Campaña a prol do 0,7% ou se atendemos á proliferación exponencial das organizacións-non-gobernamentais na nosa contorna. É un agre paradoxo pero que descoñecidos seguen a ser
os que axudan a eses
pobres descoñecidos.
Sem comentários:
Enviar um comentário