11/10/2005
Urxencias sanitarias
Leo en El País de hoxe unha reportaxe sobre as condicións de traballo dos Médicos Internos Residentes nos servizos de urxencia. A miña experiencia de campo destes días pasados indica que todo o que se conta é verdade e que non se conta toda a verdade. Lolo ponme ao tanto, telefonicamente, da súa viaxe ao inferno das urxencias viguesas con Cabrafanada e corrobora os males do sistema. Listas de espera, calidade da atención primaria e mellora dos servizos de urxencia deberan ser prioridades sanitarias da Nova Xunta. Está en xogo a nosa saúde e a de servizos públicos fundamentais. Tamén a credibilidade do novo goberno. Os gobernantes son valorados polos gobernados polo que lle poñen no plato e, tamén, polo trato que lle dan en caso de doenza, catástrofe e guerra. Agás en materia bélica, o bipartito ten responsabilidades e competencias en todo o demais. Urxen solucións.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Dirán o que queiran, pero o Gran Irmán ten que estar pendente de todos os nosos movementos. Ía dicirlle que ao final vostede transforma as urxencias en política (traumado por unha reportaxe sobre Lula), como tamén fixo o doutoriño que os atendeu, pero xa ve que outros apuntan máis forte: visite o blog sobre seguros sanitarios en carolina do norte como lle recomendan.
Vaia por deus, cargueime o post-spam pensando que era unha chorrada, pero xa vexo que tiña fundamento. Discrepo o doutoriño non transformaba as urxencias en política... senón a imcompetencia en política. A cousa sonaba a «eu non podo facer nada... pero vostede, si», a min esa idea do profesionalismo que exclúe a cidadanía non me mola nada, non é nada liberal... vostede me entende, non é?
Enviar um comentário