
Din que a
economía é a ciencia da asignación de recursos escasos e susceptíbeis de usos alternativos para a satisfacción de distintas necesidades; se é así, levo unha semana moi económica, dedicando unha boa parte da miña xornada laboral a ver como podemos facer moitos
cestos con poucos
bimbios e aínda menos
cesteiros. Asisto a milagres económicos e a descubertas fascinantes produto da
contabilidade creativa, e enxergo apampado que alguén suma 2,5 persoas onde eu dou contado até catro.
Handicap insatisfactorio? Posibelmente. Pero tamén, grazas ao
andazo gripalleiro e a vacacións serodias que deixan o cadro de persoal trufado de ausencias, podo exercer de
xornalista a tempo parcial e escribir sobre
sondaxes e
temas dos que gosto e aos que hai meses que non lle podo dedicar apenas tempo.
Sem comentários:
Enviar um comentário