
Regresou para vingarse. Con maior fiereza. chea de rancor. Estomballoume durante hora e media na que o venceu todo: a bolsa da auga quente, a buscapina, o baño fervendo... Cando me dou unha tregua marchei a
urxencias co repertorio de consellos de
Brétemas baixo o brazo. O «pitufo» cortou de vez a dor. E alí ficou o meu corpo durante dez horas de observación, analíticas e ecografías. A mesma diagnose: cólico nefrítico. O mesmo tratamento: auga, nolotil, antibióticos preventivos e descanso. Ela retirouse prudentemente. Segue aí. Ela quere volver. Eu seino.
1 comentário:
Animo, Ian. É desolador o estado sistema sanitario de urxencias. Abrazos
Enviar um comentário