Na mesma mesa xantamos varios operarios da nova administración galega e da innovada empresa privada. Entre as talladas, un completo inventario das moitas inercias que entalan ás organizacións (tamén ás políticas) e ás administracións, impotente compendio de rutinas e incapacidade para a aprendizaxe e o cambio. Desgrazado escenario para ensaiar calquera caste de voluntarismo. Por cabo, un cruel dito cosaco sinala a ruta que magoantemente estamos obrigados a seguir: «Nunca trates de ensinar a cantar a un cabalo. Perderás o teu tempo e amolarás á besta.» Imponse o realismo equino, cómpre comezar a queimar as partituras.
09/09/2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Mellor non desistir, pero ás veces custa tanto...
Carriza, queres dicir que están que outros non estamos aí...
Enviar um comentário