23/09/2006

Plan Cunqueiro, xa!

En Galiza, segundo reconto do Anuario económico de La Caixa, hai 25.000 bares e restaurantes; o 7,5% dos establecementos do Estado. Somos unha potencia hostaleira e restauradora, unicamente superada en números absolutos por Andalucía, Cataluña, a Comunidade Madrileña e Valencia.

Con todo, o crecemento do pasado exercicio foi cativeiro, apenas o 6,4%. Pola contra, o eixo do Levante medra desaforadamente. Coro Chasco, unha das autoras do informe de La Caixa, sinala: «Os crecementos son maiores na zona mediterránea, onde o bo tempo anima á xente a vivir de portas para fóra, e nalgunhas zonas como Navarra, onde hai tamén unha forte tradición do tapeo e a boa mesa.»

E nós logo non?
Para non perder folgos no Estado precisamos urxentemente dun Plan Cunqueiro para a recuperación e desenvolvemento sostíbel da hostalaría galega, baluarte estratéxico da nosa economía e identidade colectiva, pero preferimos enlearnos con Estatutos de nación. Definitivamente, non temos amaño... Xabi ponme outra.

3 comentários:

Cesare disse...

Iso de Coro Chasco é real??

Agora en serio, o das tapas é un problema moi serio que habería que reordenar... Estamos a caer nun cutrismo madrileño insensato. Saír de tapas por Salamanca ou Almería, ou Euscadi, é fascinante, mentres que aquí é un desastre de olivas e patatillas (con sorte).

Ian disse...

O de Coro Chasco é real como a vida mesma. O das tapas unha catástrofe, pero iso non parece ser o vector relevante do crecemento, en Euscadi, vangarda tapeira e comensal durante décadas, o número de bares e restaurante descendeu un 9%. Con todo, un país que proscribe olivas, patatillas e manises das súas barras, é un país de futuro.

abobriga disse...

Habería que empezar por recomendar nos blogs sitios nos que a tapa mereza a pena.... eu sinalo Bar Domínguez, no comezo da Rúa do Sar en Compostela.