07/09/2006

Dogmatismos clásicos e modernos

O señor que pensaba isto, de certo que nunca alternou nunha universidade galega, non se (mal)tratou coa nosa nomenklatura política nin frecuentou os cenáculos eruditos do noso país. «Entre os modernos, en vez deste universo racional aberto por principio ás empresas do coñecemento e a acción, temos un saber e unha arte difíciles, cheos de reserva e restricións, unha representación do mundo que non exclúe firgoas nin lacunas, unha acción que dubida de si mesma e, en todo caso, non fachendea de lograr o asentimento de todos os homes. [...] Os modernos non teñen o dogmatismo, nin a seguridade dos clásicos, xa se trate de arte, coñecemento ou acción. O pensamento moderno ofrece un dobre carácter de inconclusión e ambigüidade.» Así falou na radio e deixou anotado en O mundo da percepción. Se frecuentase as aulas da nosa Academia, os foros e asembleas públicas ou as tertulias da intelectualidade patria tería unha percepción distinta. Posibelmente a contraria. Os clásicos galegos son un prodixio de reserva e restricción, os modernos están feitos dunha única idea, indiscutíbel, indestrutíbel, irrebatíbel, invencíbel. Ou non, vai ti saber.

1 comentário:

Xosé Manuel Carreira disse...

Eu creo que se bota en falta unha xeración do nível da perdida e malograda xeración-Nós en sentido amplo, isto é Otero Pedraio, Risco, Castelao, Anxel Casal, Xaquín Lorenzo,...

É unha mágoa que non exista aínda unha xeración-X ou xeración Xis tan asinalábel. Oxalá!