09/09/2006

Economía 2007: cambio de tendencia?

Nostradamus achégase cun cartafol de intraquilizantes previsións económicas. En 2006 o crecemento económico mundial medrou un 5,1%, pero de cara a 2007 hai «unha entre seis posibilidades» de que só faga por debaixo do 3,25%. Na zona del euro, o FMI estima un crecemento do 2,4% para o presente año e do 2% para 2007. Alertan: «Ollando cara ao futuro, a tendencia á alza do emprego e dos salarios é modesta, o que sumado ao limitado avance nas reformas estruturais, implica que as perspectivas de crecemento seguen sendo limitadas.»

Ninguén quere profetizar abertamente un ano de vacas fracas, pero o futuro preséntase entoldado, incómodo, desacougante. Advirtésenos sobre o encarecemento da cesta da compra como consecuencia do crecemento sostido da inflacción, ademais é certo o aumento dos custes da enerxía empuxado polo aumento do prezo do barril e das taxas que cobran as empresas eléctricas que aspiran a incrementos do 5% en 2007. Outras amenazas alcistas pesan sobre o alcohol e o tabaco se prosperan as políticas de converxencia fiscal animadas pola Comisión Europea. E, como non, haberá que apandar coa desbocada estampida do Euríbor, que xa acadou no pasado agosto o 3,61%, e sucesivos encarecementos do prezo do diñeiro.

Aínda que o ritmo de crecemento da economía do Estado medrou moi satisfactoriamente en 2006, comezan acenderse luces vermellas que parecen indicar que hai que prepararse para un outono quente e, máis aínda, para un inverno atroz. Nada alegraría máis a dereita que o retorno ás políticas de carestía de vida e o fracaso do proceso de paz en Euscadi. En calquera caso, pase o que pase co proceso negociador, haberá que seguir furgando no fondo da saquetiña dos cartos.

5 comentários:

o paneleiro fálico disse...

Pelos óculos de Trotsky! Onde está o Partido do Proletariado quando o necessitamos?

XM Carreira (Mendinho) disse...

Non en absoluto nunha catástrofe. Desde o punto de vista europeo a comisión acaba de revisar á alza a previsión de crecemento, dado que a Alemaña, a Franza e a Italia empezan a recuperarse (por este orde) aos poucos. Agora mesmo a Irlanda, o Reino Unido e a España son as locomotoras da Europa e o único que lles pode pasar é que outros países tiren do carro.

A maioría dos economistas falan dunha ralentización do crecemento español polo parón inmobiliario, mas dado que as bolsas de solo están en mans duns poucos promotores o que están facer e edificar os terreos pouco a pouco e non de golpe, como ate agora, para evitar ese choque tan temido.

O mellor predictor do que pode pasar é o emprego criado e a bolsa, que crecen estable mas moderadamente.

o paneleiro fálico disse...

Nom é em absoluto umha catástrofe segundo onde estivires socialmente, como sempre. Para umha pessoa com 2 filhos, umha hipoteca e 1500 € de salário pode ser pessoalmente bastante catastrófico.

Infelizmente, ainda que aparecera o Partido do Proletariado, como dizia acima, este nom seria a soluçom... todo isso deixa-nos onde?

Ian disse...

Eu sonlles de 1.200 euros e hipoteca até a xubilación. Salario con incrementos por debaixo do 1,5%. E non creo que se achegue a fin do mundo, pero entre a macroeconomía e a microeconomía hai un gap existencial que non alivia ningunha previsión económica optimista nin pesimista.

Reformar Casa disse...

empresa de reformas en madrid

empresa de reformas

ofertas hacer reformas

trabajos e ideas de reformas

presupuesto de reformas

presupuesto reformar cocina

presupuesto reformar baño

empresa de reformas en madrid
empresa de reformas en madrid

empresa de reformas

ofertas hacer reformas

trabajos e ideas de reformas

presupuesto de reformas

presupuesto reformar cocina

presupuesto reformar baño

empresa de reformas en madrid