29/04/2009
Calco
A construción da opinión pública atópase, nestes momentos, moito máis dominada polos feitos que polas conviccións ou os valores. E por un tipo de feitos epidérmicos e accidentais que case nunca, e en ningures, da chegado a fundamentar conviccións. Baixo estas circunstancias, unha actividade política con vontade transformadora non pode pretender desenvolverse só dentro do marco reservado das institucións e os medios de comunicación convencionais; isto é máis ben a expresión habitual da súa infrutuosidade. Para ser significativa, a eficacia dunha política só pode xurdir do rigoroso intercambio entre acción e valores; ten que plasmar, a través das redes sociais virtuais e presenciais e con intervencións de proximidade, modestas alternativas de cambios posíbeis, de resistencias necesarias e de disensos autenticamente críticos que se corresponden mellor coa súa vontade de mobilización e construción de comunidades cidadás activas que a pretensiosa xestualización das políticas institucionalizadas en partidos, gobernos e parlamentos. Só unha política cidadá, plebea, próxima e apegada ao concreto pode revelar unha eficacia operativa axeitada ao momento actual do nacionalismo e/ou dos socialistas galegos [Calco].
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Moi necesaria esa chamada á política de proximidade, e tamén á necesidade dunha eficaz comunicación que, cando menos, a esquerda nacionalista como organización política, nunca se formulou seriamente (ou tal vez, simplemente, nunca se formulou). Certo tamén que se adican demasiados esforzos en "xestualizacións" institucionais e moi poucos á necesidade de aumentar base asociativa en xeral, pero moito menos aínda, "informada, formada", crítica e participativa.
Enviar um comentário