24/04/2009

Interese minguante

Para Gide o xornalismo é «todo o que interesará mañá menos que hoxe». Os gobernos tamén padecen de interese minguante. Feijóo dunha sentada nomeou o 70% das secretarías e das direccións xerais e deixou para a semana que vén a designación dos cinco superdelegados, seica para darse un tempo no que precisar as súas funcións. A demora ten un valor adicional: manterá a expectación ao redor da formación plena do goberno. As primeiras entrevistas aos conselleiros de Economía e Industria, Educación, e Cultura e Turismo non alentan entusiasmo. Ideas propias poucas e algunhas ben perxuizosas. Non hai pauta que non sexa as ordes do presidente. Valor engadido cero. A auctoritas de Feijóo está perfectamente custodiada. Xa se sabe que un goberno decente é un goberno obediente.

3 comentários:

Anónimo disse...

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/10/08/1266364.shtml

Anónimo disse...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rueda/ficha/antiguo/candidato/Falange/elpepuespgal/20090425elpgal_6/Tes

Ian disse...

A reciclaxe e a reutilización da ultradereita en dereita autonomista e reformista ten estas cousas.