29/08/2006

O ladrón absoluto

Pedro cumpre axiña 83 anos. Lola vaille detrás con 81. A el prácelle cando menos chegar a sumar todo ese tempo de idades pasadas. As visitas á casa de Vigo sempre valen para recuperar unha frangulla de memoria familiar. Na última fin de semana, Pedro tirou da lembranza da miña bisavoa materna que consideraba o lume como o máis dañino ladrón do mundo. Dicía ela que cando os ladróns entra en casa levan algunhas cousas de valor e deixan outras, pero non fai así o lume que o leva todo, sen piedade nin discriminación ningunha. A bisavoa Dominga, que sabía de andazos, longos padecementos e moitas fatigas, non lle temía a nada máis que ao lume por mor do seu voraz apetito, pola súa radical destrución. O lume, na súa sabedoría de campesiña idosa, era o ladrón absoluto, unha peste incontrolábel, a máis plena manifestación do Mal. E tiña toda a razón.

Sem comentários: