31/08/2006

Vidas exemplares: Adolfo Gacio

A mediados do anos oitenta fun comisionado a Boqueixón. Tratábase de convencer a este home para montar unha candidatura municipal. Fora militante do histórico PSG. Laiouse longamente da actitude dos veciños –o pobo é ben ingrato–, do seu conservadorismo –non hai forma de cambiar nada– e mostrouse convencido de que non existía posibilidade ningunha de artellar unha candidatura progresista e galeguista fronte á dereita local. Insistiu, por activa e pasiva, que non tiña ningunha ambición política. Nin a máis mínima ambición. Desistiunos. Ao pouco fichou por Alianza Popular. Foi asesor de Romay Beccaria no seu paso pola Consellaria de Agricultura, cando montou a primeira grande industria do lume. Nepotista militante, o seu nome apareceu asociado a diversas actuacións escandalosas do Partido das Cen Familias. Tras a campaña do lume de 2006, agora é o ariete dos alcaldes do Partido Popular na loita contra o goberno bipartito. Representante notorio da materia da que están feitos os rexedores do PPdeG. Unha vida ben exemplar. Como lle gusta maldicir ao historiador Joseph Fontana: «Uns cambian por pensar e outros cambian polo penso.»

4 comentários:

A.C. disse...

Em EG sempre houvo um olho magnífico para identificar apoios externos. Eu ainda dou graças por esse maldito voto que nos faltou numha mesa e que impediu que o primeiro da lista chegasse a ser concelheiro. Era (creio) de melhor pasta que o Gacio, mas ainda assim era incontrolável. A nossa ingenuidade devia ser cousa do optimismo histórico.

Ian disse...

Lembro o triste caso da non-elección do concelleiro marinense. Era como era, pero bastante mellor que o descrido Adolfo, asegúrollo de todo corazón. A inxenuidade aleitase si de optimismo e dunha dose non menor de irrealidade suicida. Gacio está aí para recordarllo a quen queira escoitar. Por iso a súa vida é tan exemplar.

A.C. disse...

Concordo com que nom é comparável a Gacio. De facto, era muito melhor, de natureza bem diferente ao Gacio, polo que conta deste.

Anónimo disse...

adolfo gacio vázquez, la caída de un arcángel de romay beccaría......