Como é de leal co xogo democrático a nosa dereita? Tanto coma así, indiscutíbel proba dos altísimos valores democráticos que enriquecen ao PPdeG na nova ruta centrista, reformista e galeguista que encetou Núñez Feijoo. De certo que Alberto o Virtuoso amonestará a súa executivísima secretaria de organización, María Dolores Faraldo. («Esas cousas dinse, non se escriben, miña xoia.») Canto máis terán feito que aínda non saibamos. Aquí se lle poden mandar as flores á leal oposición en agradecemento polo seu xentil xogo limpo. Se non houbese unha dereita tan democrática, habería que inventala.
12/09/2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Glorioso o papel de P.A. hoxe na "arradio"...
Pero que dicir da prensa escrita galega? Nin La Voz, nin o Faro, nin La Opinión, abren coa nova.
Igual é por celos profisionais... ou porque en realidade ofrecense ao mellor postor.
Si o profesor Arias estivo como nunca. O mais caralludo de Arias é a falta de escrúpulos para negar a máis clamorosa evidencia, aínda que o PP fachendea da autoría e mesmo oportunidade e corrección política do Protocolo Faraldo. O da prensa escrita ten a súa explicación crematística, tamén nos ciumes pola primicia que recibiu a SER e sobre todo pola covardía herdada dos 16 anos gloriosos, medos macerados en submisión. A mala condución da política de medios de Losada tampouco axuda as complicidades mediáticas co BNG. Aos medios e xornalistas máis próximos maltratanos, aos máis afastados non os dan engaiolados. Por aí, van mal.
Enviar um comentário