Teño que recoñecer que a min cativoume como lector o Benedetti ensaísta. O meu atume primero coa súa obra foron El escritor latinoamericano y la revolución posible, El ejercicio del criterio e, sobre todo, El recurso del supremo patriarca, libros dos que coidou a editorial Nueva Imagen na segunda metade dos oitenta. Nos seus ensaios de crítica cómplice descubrín letras e escritores impensábeis como Fernández Retamar, Paco Urondo ou Haroldo Conti, e tamén ao Benedetti poeta e narrador.
Hoxe procuro aqueles amartelados libros e repaso os parágrafos subliñados hai máis de dúas décadas. Copio dous. Un como reivindicación do humor popular como medio subversivo:
En América Latina, é difícil sobrevivir ao ridículo, máxime cando o xuízo demoledor é ejercido desde a razón e a xustiza. O chiste que parte da clase dominante pode facer rir, pero ten vida breve: en cambio, a burla que arrinca do pobo, no camiño vaise enriqueciendo e depurando. Pode comenzar como un conto e rematar nun ataque ao Pazo.E este outro que el fixo cerna da súa vida:
Cada oficio ensina un modo de ver o horizonte e tamén unha variante de ser libre.Foise despois de anchear coas súas letras moitos horizontes e tras aleitar as nosas máis firmes libertades.
1 comentário:
level noise mile lacantunia propose relates refocus kapil together ghost urinary
semelokertes marchimundui
Enviar um comentário